jueves, 22 de junio de 2017

VISITA A ALDEA NOVA




O luns estivemos de visita en Aldea Nova para celebrar o fin de curso. Había moita ilusión por visitar a granxa así que as cerca das 10 da maña partimos no autobús cara a Narón.



Cando chegamos tivemos o tempo xusto de ir ao baño e comer unha pequena merenda e logo comezamos coa visita.

Os monitores da granxa dividiron  a todos s nenos e nenas en varios grupos por cores, azuis, vermellos, amarelos, brancos,…. Os grupos non eran por aulas senón por idades por iso nas fotografías e vídeos aparece xente de outras aulas. As mestras non puidemos acompañalos todo o tempo pero aínda así conseguín facer algunha gravación.
En total recorremos 4 talleres:

  • XOGOS TRADICIONAIS, coñecemos algún dos xogos cos que se divertían os máis pequenos cando non había televisión. Construír con madeira e carozos, pescar no caldeiro, o pilla-pilla,… Neste video aparecen pescando e construindo 
 



  • APIARIO, explicáronos como traballan as abellas e fixemos a nosa propia candea. Aquí está o vídeo 


 
  • OS PONIS, puidemos dar un pequeno paseo montados en poni, algún e algunha incluso repiteu. A modo de exemplo vemos a Raúl e Valeria
 

 
 
  • ANIMAIS DA GRANXA, recorremos as diferentes dependencias para ver os animais da granxa. Os pavos, os galos e galiñas, a vaca Saltarina, os coellos, as simpáticas cabras,… No primeiro vídeo aparecen as cortes e no segundo as cabras. VIDEO1 VIDEO2
 
 
Pero que estilo...
 

Foi un día moi cansado, a mellor das ideas foi votar unha sesta na viaxe de autobús de volta para a casa

No hay comentarios:

Publicar un comentario