Chegou o día de
cantar e bailar para pedir paz no mundo e intentar comprender un pouco máis aos outros e empatizar con eles. Botamos en falta a algúns dos compañeiros, pero aínda que non estaban cantando con nos seguro que dende a casa cantaron tamén.
O certo e que
levamos dúas semanas preparando este día. A primeira actividade que realizamos
foron unhas estrelas coa nosa foto para o mural do colexio. O lema é “Iluminemos
o mundo pola paz”.
Axudounos Lita a pegar as nosas estrelas porque nos sabíamos onde
había que poñelas
Como tiñamos que
aprender 4 cancións ensaiamos todos os días un pouquiño porque os bailes eran
complicados. E fixemos dous ensaios co resto dos nenos, incluso un día choveu.
Outra das tarefas
foi colorear rolos de papel hixiénico para facer un corazón xigante xuntamente
con todos os nenos de infantil. O noso mural titúlase “A paz é vida”.

Quedou moi
fermoso con todas esas cores.
Nos pintamos os rolos laranxas e podedes ver o
mural na entrada do cole.
Pero as nosas
tarefas non remataron aquí. Para ir engalanados á celebración fixemos uns
sombreiros que levan as mesmas imaxes que aparecen no vídeo da canción “Todos
somos Capitáns” (nube, golfiño, estrela, ollos, coello, lúa, …). Cada un
escolleu o que máis lle gustou.
Resumindo, logo
de todo este traballo pasamos un día moi divertido con todos os compañeiros do
colexio, foi estupendo cantar con todos e agardamos outra actividade conxunta
para pasalo tan ben coma hoxe.
Aquí quedan os enlaces para ver uns anaquiños da actuación
Desculpade polo son e a imaxe, pero é cousa do directo. Ao longo da semana tentarei melloralo.

















