Continuamos coas
celebración de aniversarios.
Esta semana
coñecemos máis a Xoel, Emma e Alex.
O martes
celebramos o cumpre anos de Xoel. Realmente naceu a finais de xullo asi que nos
adiantamos un pouco na celebración pero parece ser que el tamén se adiantou na
súa chegada ao mundo dis que tiña ganas de ver ós seus pais e á súa irmán. Por certo
Antía, co permiso da súa mestra veu tamén a celebrar o aniversario con nos, así
que nos contaron moitas cousas.
Xoel é un neno
moi viaxeiro, xa de bebé estivo na Warner co seu carrito. Contounos Antía que
quedaba durmido pero agora aguanta máis tempo esperto.
Vimos moitas
fotos, algunha das máis bonitas eran as de toda a familia xunta na Alambra e en
Disney.
O mércores
celebramos tamén de xeito adiantado o aniversario de Emma. Cando empezou o
colexio falábanos moi pouquiño pero agora síntese máis confiada e contounos que
lle gusta moito o pan, incluso saía nunha foto comendo un anaco. Tamén estaba
moi guapa coa coroa no seu segundo cumpleanos e todos quedamos abraiados cando
a vimos cos patíns rosas nos pes.
O xoves foi o
momento de Alex (esta vez soamente nos adiantamos 2 días). Alex xa nos tiña falado da súa irmá Noa e da
súa mascota Yosi (non sei moi ben como se escribirá), pero agora puidemos
coñecelos gracias ás fotos que nos trouxo. Noa parecese a el pero co pelo longo
e Yosi e un coello gris escuro. Tamén a Alex lle gusta viaxar e nunha das fotos
que trouxo está na Warner acompañado de Batman e Linterna Verde, e por suposto Muller
Maravilla que é a preferida de Noa.
Coma sempre en
todos eles comemos gusanitos ata encher despois de cantar o cumpleanos feliz e
apagar a vela. Aínda nos quedan 3 aniversarios por celebrar antes do remate do
curso pero por agora
PARABENS XOEL!!!,
PARABENS EMMA!!!
E PARABENS
ALEX!!!




No hay comentarios:
Publicar un comentario