Para rematar o
curso e a colección de aniversarios esta semana celebramos os cumpre anos de
Adrián, Lía e Alba.
O martes soubemos
que Adrián naceu nun país chamado Venezuela no mes de Agosto, concretamente na
cidade de Caracas pero veu para España sendo bebé. Mostrounos unha foto moi
simpática onde estaba cun gorro de Minion e presentounos á súa irmá Arianna.
Tamén nos contou que lle gustaba moito a patrulla canina. Como a súa mamá traballa nunha tenda de chuches regalounos unha pequena bolsa de gominolas.
O mércores Lía trouxo varias fotos de cando era bebé. Tiña a cariña regordecha e apetecía apertarlle as meixelas. Explicounos que os seus debuxos favoritos eran os de Pepa Pig así que puxemos na pantalla algún capitulo. Tamén nos dixo que lle gustaba moito a cor branca.
E o xoves foi a quenda de Alba. Realmente ela celebra o seu aniversario en Agosto pero como falta moito por iso quixo compartir con nos. Traia tanta cantidade de fotos que tivemos que escoller cales ensinar. Presentounos á súa familia, a súa mamá, o seu papá, o seu irmán Iago, tamén a unha curmá. Agora sabemos que lle gusta montar a cabalo e estaba moi suimpática disfrazada de paxaro rosa (creo que era un flamenco)
Para todos os nosos mellores desexos de parte das mestras eunha apertamoi grande.
PARABÉNS ADRIÁN!!!
PARABÉNS LÍA !!!!
PARABÉNS ALBA!!!!



No hay comentarios:
Publicar un comentario