miércoles, 31 de mayo de 2017

PITIÑOS NA CLASE DOS MAGOS



Hoxe fomos de visita á clase dos magos. Os magos teñen a súa aula enfronte da nosa. Eles están estudiando diferentes animais e por unha casualidade hoxe tiñan poliños. 


Portáronse moi ven con nos. Presentáronnos a Estrella (o pitiño amarelo) e a Negrita (o pitiño negro).


Puidemos tocarlles e velos camiñar pola aula e como logo de topar a un animal hai que lavar as mans prestáronnos un xabón especial que teñen eles para limpar as mans sen empregar auga.

Eran moi simpáticas Estrella e Negrita, igual outro día volvemos de visita.


MALA UVA E O SEU CONTO



Onte veu Mala Uva unha vez máis de visita. Presentounos a súa nova vasoira porque o Mago Alfa colocoulle uns espellos retrovisores, unha bucina, un maleteiro e incluso unhas flores para poñela máis bonita
.
Xa que estaba trouxo un conto de bruxas para ler.
A historia falaba dunha bruxa que ía voando e cada vez que lle pasaba algo facía un amigo novo. Rompeulle a vasoira, perdeu o lazo do pelo, caeulle a barita máxica,... 

Pulsade aquí para ver un pouquiño do conto.
Cando rematou o conto todos debuxamos a Mala Uva e colocamos os debuxos colgando dunha corda para que ela os poda poñer na súa casa.


Veremos novamente a Mala Uva o día 16  de xuño en Gandarío.


sábado, 27 de mayo de 2017

PARABENS PABLO E BENJI !!!!!



Esta semana houbo  dous novos aniversarios.
O martes foi o día de Pablo. Amosounos unha fotografía de bebé onde aparecía cun gorriño azul. Aí estaba moi tranquilo pero segundo iamos vendo fotos deunos a sensación de que é un pouquiño traste. Dedicase a encher a carretilla dos avós con auga da mangueira, gusta de disfrazarse de pirata e contounos que ten unha colección de super heroes. O certo é que o pasa moi ben. Vai moitas veces á Coruña cos seus pais e coa avoa e ten a sorte de que sempre gaña nos recreativos.
Todos lle desexamos un feliz aniversario e cantamos para el o cumpreanos feliz logo de soprar a vela.

E ao día seguinte celebramos o aniversario de Benji. Na súa foto de bebé estaba a rir, porque Benji sempre está contento. Gustounos moito a súa foto de 3 anos porque estaba xogando con unha escavadora, aínda que o seu xogo favorito son os coches Blaze. Dixo que tamén lle gustaba moito ir ó parque para xogar cos compañeiros e que xa case sabe columpiarse so.
Despois de soprar a vela e cantar a canción de rigor comemos gusanitos ata encher.


Parabéns para Pablo e para Benji dos seus compañeiros e das mestras.