miércoles, 14 de diciembre de 2016

SAÍDA AO TEATRO COLÓN

A primeira saída deste curso fixémola ao teatro Colón, e como podedes ver foi toda unha experiencia, fumos nos buses máis grandes que veñen ao cole, ben sentadiños co noso cinturón de seguridad e prestando moita atención ao camiño pois pasamos por sitios que recoñecíamos e queriamos ensinarlles os demais.
 A función titulábase "Güela, Güela", era un espectáculo de luces e sombras super brillantes. A personaxe principal era Willy, unha cegoña moi valente que tiña a misión de levar o bebé dun águia xunto coa súa nai, no camiño atopouse con moitos amigos como Soco, Rin e Tin e tamén con algún que outro inconvinte que entre todos lograron solucionar.
Podedes ver un resume da mesma picando neste enlace https://www.youtube.com/watch?v=Aq5Ybb36tN0

Esperamos que vos guste tanto como a nós, que saímos encantados e tamén moi, moi cansadiños pero con ganas de repetirrrrrrr.


25 DE NOVEMBRO, DÍA DA NON VIOLENCIA.

Para concienciarnos da importancia da non violencia en xeral quixemos conmemorar este día dunha forma especial. Todo o ciclo de infantil tras recibir unha carta das bruxiñas da illa fantasía decidimos elaborar un farolillo que iluminase o noso camiño.

E con moito entusiasmo empezamos a picar as ventás do no farol, levounos varios días pois isto de picar consume moita enerxía e tivemos que facer varios descansiños...


 Despois de montalos, escribimos o noso nome nunha tarxeta e coas linternas que nos mandástedes comprobamos como alumeaban. Para isto necesitábamos un sitio onde non houbese moita luz e decidimos probar no corredor cara o patio, alí estivemos facendo probas
e para rematar, decidimos ir todos o salón de actos onde tras apagar as luces e encender os farois conseguimos moitas luces de cores que alumearon o noso camiño.

Como nos quedaron moi vistosos agora témolos colgados na entrada do cole para que todos poidan ver canto traballamos.

MURAL DO OUTONO

Con moitas das follas que nos trouxéstedes decidimos facer un mural para decorar o noso pasillo, para iso:

Primeiro eleximos a folla que máis nos gustase e comparámolas coas dos nosos compañeiros, deste modo traballamos as formas (redondeada, alongada, dentada...) e os tamaños ( pequena, mediana, grande).

A continuación traballamos as cores, elexindo unha para estampar na nosa folla e formar a súa silueta.

O seguinte paso foi escribir o noso nome (con axuda) nun papel da mesma cor con que pintaramos a folla, identificar a súa silueta no mural e pegar o noso nome dentro.


E o resultado final é este bonito mural que alegra o noso pasillo!!!

jueves, 1 de diciembre de 2016

HOXE SON ENCARGAD@!!

Como de seguro xa sabedes tódolos días temos un encargad@ que ten varias misións ao longo do día: pasar lista, contar cantos somos, quen falta, mirar que tempo metereolóxico vai, o día da semana, repartir material, ir de primeiro na fila, vixiar que a clase este ordenada...

 

E tamén aproveitamos para ir recoñecendo as letras do seu nome, por qué letra comeza, cómo se escribe, quen ten a mesma letra no seu nome, cal vai despois, cantas letras ten, etc, etc. Esta tarefa danos moito xogo tódolos días e ademais de todo isto... 

 

Practicamos o trazo da figura humana realizando o noso retrato, estes son os primeiros do curso e cada día imos mellorando e aportando novos elementos coa axuda dos nosos compañeiros/as. Somos uns artistas, a que sí????

 



LIBRO DO OUTONO

Este trimestre ademais de coñecernos, explorar os espazos do cole, aprender rutinas, novos hábitos e iniciarnos no traballo das relacións sociais comezamos a observar aspectos básicos do OUTONO.



 Aprendimos a dramatizar a canción do outono cos seus xestos e o seu ritmo e para recordala quixemos plasmala nun pequeno libro. Para darlle forma tivemos que estampar as nosas mans en diferentes cores, pintamos con ceras, recortamos, pegamos, arrugamos papel de seda, estampamos gotas de auga, dobramos papeis de cores, pegamos gomets...



 En definitiva, traballamos con diferentes técnicas plásticas  que nos axudaron a esperar turno, a organizar materiais, seguir normas de uso, experimentar texturas, progresar na psicomotricidade grosa e fina e tamén no desenvolvemento da nosa autonomía persoal.



O resultado final foi o libro do outono que todos levamos para a casa e que esperamos que vos gustase!!! :)