Tedes que perdoar
que esta última entrada chegue con un pouco de atraso pero as miñas obrigas
persoais impedíronme escribir antes.
E digo última e
non derradeira porque nunca se sabe o que pasará nos vindeiros meses.
Falta facer un
resumo da festa fin de curso. Chegaron cargados de chuches nas súas mochilas
para poder compartir. Que follón para gardar todo en bolsas e vaia nervios que
tiñan. Mentres que algunhas mestras colocaban as mesas no patio, para o gran
banquete final, esperamos na aula falando do que pensabamos facer nas vacacións
e xogando un pouco.
Ás 11 da mañá
chegou o pistoletazo de saída: todo o mundo para o patio a merendar.
Faltounos a
música pero non importa. Un dos momentos máis divertidos foi pintar as caras
(seguro que chegaron á casa guapísimos e guapísimas).
Como estabamos
todos decidín facer unha foto de grupo que quedará para o recordo e como xa
levaban pouca colección de chuches pois pensei en regalarlles outra bolsiña 😆😆😆.
Chegou a fin do
curso 2016-2017, un ano no que os vosos pequenos e pequenas iniciaron o “cole de
maiores”, novos espazos, novas mestras, novos compañeiros e compañeiras, novas
normas e horarios, circunstancias ás que puido custar máis ou menos adaptarse
pero en definitiva unha experiencia enriquecedora para todos (pequenos e
grandes) porque todo suma.
Aprendemos dos
éxitos e dos erros pero non se aprende aquelo que non se vive ou que non se fai
por un mesmo. Deixade por iso que os vosos fillo e fillas desfruten
manipulando, observando, descubrindo, facendo, ... porque todas esas aprendizaxes
son as que realmente quedarán nas súas memorias.
Quero despedirme enviando
unha aperta moi grande para todos e desfrutando dun delicioso té con lacasitos,
porque das outras chuches xa vai boa que non quedan.
😘BICOS😘








