Logo de todo o
curso traballando o proxecto de Illa Fantasía o mellor remate foi a xuntanza no
albergue de Gandarío.
Aquí tendes unhas fotos de como estaba antes para que poidades apreciar o esforzo empregado neste mundo de fantasía.
Aquí tendes unhas fotos de como estaba antes para que poidades apreciar o esforzo empregado neste mundo de fantasía.

Foron máis de dous meses os que un grupo de profesores, pais, nais e avós dedicamos a preparar a decoración, o globo, as actividades,… pero mereceu a pena.
Os nenos e nenas
dos diferentes colexios participantes tamén puxeron o seu grao de area,
coloreando tarros de cristal e pintando diferentes partes do globo.
Teño que
agradecer e moito a colaboración de Sonia (nai de Ainara Marx), Lara (nai de
Vera Babio) e de Fina (avoa de Antía). Por facer un esforzo tan grande e pasar
esa mañá tan calorosa con nos axudando na organización das entradas e saídas
dos buses, no reparto das merendas, acompañándonos ao baño,… e non solo á nosa
clase senón a todos os colexios participantes. Un persoal de apoio
imprescindible que traballou como o que máis. GRACIAS en maiúsculas.
E despois de todo
isto o importante e como o pasaron os nenos.
Así marchábamos
ás 9:30 ilusionados cara Illa Fantasía. Magoa que os contratempos co transporte
retrasasen a chegada de todos os colexios. Pero hai cousas que non están da
nosa man.
Chegados alí estabamos
máis felices que perdices 👏👏.
Vimos un pouco da actuación dun mago, escoitamos o “Coro
das emocións” do colexio Sofía Casanova,
bailamos un montón de cancións
modernas e chegaron os habitantes da Illa cargados de agasallos. Pulsade aquí para ver o vídeo. Detrás deles cos chalecos reflectantes tamén viña o persoal
de apoio.
Estaba o Gobernador,
o Mago Alfa co seu moucho Beto, a Dama Guardiana, un cabaleiro, Mala Uva, varias
fadas, sereas, piratas, trasnos, o
dragón,…
Non podíamos deixar
pasar este encontro sen bailar o Kumananá. Mira que ensaiamos 🙈🙈 pero cos nervios saíu
máis ou menos. Pulsade para ver o resultado.
Xa se facía tarde
e comezábamos a ter fame así que baixamos en orde para merendar no campo e ver
como subía o globo que tanto traballo nos deu decorar.
Temos foto do Mago Alfa con Beto
e do cabaleiro Cortés
Tamén veu Mala Uva para saber como o estabamos pasando
Foi divertido
recorrer todas as estacións da Illa. Comezamos coas reliquias de cada reino. O cofre
dos tesouros piratas, o zapato da bruxa, a seta dos trasnos, as cunchas das
sereas… (todo elaborado por unha nai do colexio Sada y sus contornos).
No reino das
fadas fixemos unha foto na árbore sagrada. Había moitas flores, e setas, e luces,…
non lles daba tempo a ver todo.
E tamén
encontramos a casa de Mala Uva, estaba co dragón (meu pobre🙊🙊 el que sempre vive nas covas moita calor pasou) e tiña todo decorado cos debuxos
que nos lle fixemos.
A Escola do Unicornio
estaba chea de nenos así que fixemos parada curta.
Pero na Enseada
Pirata descubrimos polvos, tartarugas, un esqueleto, varias gaivotas, moitas
redes, as bandeiras piratas,…
E a serea Maruxaina sacou unha foto con nos.
Xa se estaba a
facer tarde e con tanto paseo erahora ir xantar. Entre a calor e os nervios algúns case non probaron bocado pero bueno xa
sabemos que isto das excursións é así.
Remate dunha
xornada calorosa pero moi emocionante, de regreso á casa co noso pompero e o molinillo.




































No hay comentarios:
Publicar un comentario