martes, 27 de junio de 2017

FIN DE CURSO



Tedes que perdoar que esta última entrada chegue con un pouco de atraso pero as miñas obrigas persoais impedíronme escribir antes.
E digo última e non derradeira porque nunca se sabe o que pasará nos vindeiros meses.
Falta facer un resumo da festa fin de curso. Chegaron cargados de chuches nas súas mochilas para poder compartir. Que follón para gardar todo en bolsas e vaia nervios que tiñan. Mentres que algunhas mestras colocaban as mesas no patio, para o gran banquete final, esperamos na aula falando do que pensabamos facer nas vacacións e xogando un pouco.
Ás 11 da mañá chegou o pistoletazo de saída: todo o mundo para o patio a merendar.




Faltounos a música pero non importa. Un dos momentos máis divertidos foi pintar as caras (seguro que chegaron á casa guapísimos e guapísimas).
Como estabamos todos decidín facer unha foto de grupo que quedará para o recordo e como xa levaban pouca colección de chuches pois pensei en regalarlles outra bolsiña 😆😆😆.





Chegou a fin do curso 2016-2017, un ano no que os vosos pequenos e pequenas iniciaron o “cole de maiores”, novos espazos, novas mestras, novos compañeiros e compañeiras, novas normas e horarios, circunstancias ás que puido custar máis ou menos adaptarse pero en definitiva unha experiencia enriquecedora para todos (pequenos e grandes) porque todo suma.
Aprendemos dos éxitos e dos erros pero non se aprende aquelo que non se vive ou que non se fai por un mesmo. Deixade por iso que os vosos fillo e fillas desfruten manipulando, observando, descubrindo, facendo, ... porque todas esas aprendizaxes son as que realmente quedarán nas súas memorias.
Quero despedirme enviando unha aperta moi grande para todos e desfrutando dun delicioso té con lacasitos, porque das outras chuches xa vai boa que non quedan.

😘BICOS😘


viernes, 23 de junio de 2017

PARABENS ADRIÁN,LÍA E ALBA!!!



Para rematar o curso e a colección de aniversarios esta semana celebramos os cumpre anos de Adrián, Lía e Alba.
O martes soubemos que Adrián naceu nun país chamado Venezuela no mes de Agosto, concretamente na cidade de Caracas pero veu para España sendo bebé. Mostrounos unha foto moi simpática onde estaba cun gorro de Minion e presentounos á súa irmá Arianna. Tamén nos contou que lle gustaba moito a patrulla canina. Como a súa mamá traballa nunha tenda de chuches regalounos unha pequena bolsa de gominolas.

O mércores Lía trouxo varias fotos de cando era bebé. Tiña a cariña regordecha e apetecía apertarlle as meixelas. Explicounos que os seus debuxos favoritos eran os de Pepa Pig así que puxemos na pantalla algún capitulo. Tamén nos dixo  que lle  gustaba moito a cor branca.


E o xoves foi a quenda de Alba. Realmente ela celebra o seu aniversario en Agosto pero como falta moito por iso quixo compartir con nos. Traia tanta cantidade de fotos que tivemos que escoller cales ensinar. Presentounos á súa familia, a súa mamá, o seu papá, o seu irmán Iago, tamén a unha curmá.  Agora sabemos que lle gusta montar a cabalo e estaba moi suimpática disfrazada de paxaro rosa (creo que era un flamenco)


Para todos os nosos mellores desexos de parte das mestras eunha apertamoi grande.
PARABÉNS ADRIÁN!!!
PARABÉNS LÍA !!!!
PARABÉNS ALBA!!!!