miércoles, 14 de diciembre de 2016
SAÍDA AO TEATRO COLÓN
A primeira saída deste curso fixémola ao teatro Colón, e como podedes ver foi toda unha experiencia, fumos nos buses máis grandes que veñen ao cole, ben sentadiños co noso cinturón de seguridad e prestando moita atención ao camiño pois pasamos por sitios que recoñecíamos e queriamos ensinarlles os demais.
Esperamos que vos guste tanto como a nós, que saímos encantados e tamén moi, moi cansadiños pero con ganas de repetirrrrrrr.
25 DE NOVEMBRO, DÍA DA NON VIOLENCIA.
Para concienciarnos da importancia da non violencia en xeral quixemos conmemorar este día dunha forma especial. Todo o ciclo de infantil tras recibir unha carta das bruxiñas da illa fantasía decidimos elaborar un farolillo que iluminase o noso camiño.
E con moito entusiasmo empezamos a picar as ventás do no farol, levounos varios días pois isto de picar consume moita enerxía e tivemos que facer varios descansiños...
Despois de montalos, escribimos o noso nome nunha tarxeta e coas linternas que nos mandástedes comprobamos como alumeaban. Para isto necesitábamos un sitio onde non houbese moita luz e decidimos probar no corredor cara o patio, alí estivemos facendo probas
e para rematar, decidimos ir todos o salón de actos onde tras apagar as luces e encender os farois conseguimos moitas luces de cores que alumearon o noso camiño.
Como nos quedaron moi vistosos agora témolos colgados na entrada do cole para que todos poidan ver canto traballamos.
MURAL DO OUTONO
Con moitas das follas que nos trouxéstedes decidimos facer un mural para decorar o noso pasillo, para iso:
Primeiro eleximos a folla que máis nos gustase e comparámolas coas dos nosos compañeiros, deste modo traballamos as formas (redondeada, alongada, dentada...) e os tamaños ( pequena, mediana, grande).
A continuación traballamos as cores, elexindo unha para estampar na nosa folla e formar a súa silueta.
O seguinte paso foi escribir o noso nome (con axuda) nun papel da mesma cor con que pintaramos a folla, identificar a súa silueta no mural e pegar o noso nome dentro.
E o resultado final é este bonito mural que alegra o noso pasillo!!!
jueves, 1 de diciembre de 2016
HOXE SON ENCARGAD@!!
Como de seguro xa sabedes tódolos días temos un encargad@ que ten varias misións ao longo do día: pasar lista, contar cantos somos, quen falta, mirar que tempo metereolóxico vai, o día da semana, repartir material, ir de primeiro na fila, vixiar que a clase este ordenada...
E tamén aproveitamos para ir recoñecendo as letras do seu nome, por qué letra comeza, cómo se escribe, quen ten a mesma letra no seu nome, cal vai despois, cantas letras ten, etc, etc. Esta tarefa danos moito xogo tódolos días e ademais de todo isto...
Practicamos o trazo da figura humana realizando o noso retrato, estes son os primeiros do curso e cada día imos mellorando e aportando novos elementos coa axuda dos nosos compañeiros/as. Somos uns artistas, a que sí????
LIBRO DO OUTONO
Este trimestre ademais de coñecernos, explorar os espazos do cole, aprender rutinas, novos hábitos e iniciarnos no traballo das relacións sociais comezamos a observar aspectos básicos do OUTONO.
Aprendimos a dramatizar a canción do outono cos seus xestos e o seu ritmo e para recordala quixemos plasmala nun pequeno libro. Para darlle forma tivemos que estampar as nosas mans en diferentes cores, pintamos con ceras, recortamos, pegamos, arrugamos papel de seda, estampamos gotas de auga, dobramos papeis de cores, pegamos gomets...
En definitiva, traballamos con diferentes técnicas plásticas que nos axudaron a esperar turno, a organizar materiais, seguir normas de uso, experimentar texturas, progresar na psicomotricidade grosa e fina e tamén no desenvolvemento da nosa autonomía persoal.
O resultado final foi o libro do outono que todos levamos para a casa e que esperamos que vos gustase!!! :)
martes, 29 de noviembre de 2016
CASTAÑAS ASADAS
OUTONO BONITO
FOLLIÑAS NO CHAN
CASTAÑAS ASADAS
QUE RICAS QUE ESTÁN
Gracias a colaboración das familias que nos fixeron uns recipientes super orixinais para as nosas castañas asadas, festexamos o magosto no bosque que está o carón do colexio. Como fomos todo infantil, cada clase elaborou unha coroa de diferente cor, a nos tocounos o laranxa e así de guapos posamos para as fotos.
PARABENS RAÚL!!
A principios de Novembro Raúl quixo compartir connosco a celebración do seu aniversario. E nos como vedes encantados de axudalo a soprar as velas, de escoitar a súa historia e probar o seu biscoito. Agora xa todos temos tres aniños!!! XA SOMOS MAIORES.
jueves, 17 de noviembre de 2016
POR FIN CHEGOU O DÍA DO SAMAÍN!!!
O derradeiro venres de outubro celebramos o SAMAÍN, ese día fixemos un día de festa por todo o alto, moitos nenos, nenas e mestras viñeron disfrazados, na nosa clase apareceron bruxas, esqueletos, arañas, vampiros e vampiresas, momias....
Compartimos as nosas merendas e algunha que outra chuche, e gardamos o que nos sobrou para tomalo máis adiante outros días posteriores.
Antes do recreo, fomos o salón de actos, alí fixemos un pequeno festival no que cantamos cancións que xa ensaiaramos e actuaron unhas mestras bailando a canción dos esqueletos. Non paramos de cantar en todo o tempo. Viva Samaín!!!!
SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE
Todos os xoves temos clase de Psicomotricidade e baixamos ao ximnasio para facer alí distintos exercicios, procuramos estar moi atentos/as ás indicacións da mestra porque senón despois non sabemos o que hai que facer. Comezamos sempre con algún exercicio de quencemento, para continuar descalzándonos e subindo á parte das colchonetas, alí pasámolo xenial, nesta sesión xogamos a ser bruxas e bruxos, e a adiviñar quen se atopaba debaixo da capa máxica, quen será????
martes, 15 de noviembre de 2016
MORCEGOS VOADORES!!!
Para decorar as nosas ventás, quixemos facer uns morcegos voadores!!! Pintámolos de moitas cores por diante e por detrás, recortamos papeis de seda para semellar as súas ás e listos para voar...
MERENDAS DIFERENTES!!
Aproveitando que os mércores toca froita para merendar, quixemos facer un pequeno taller na semana do Samaín, para iso só precisamos:
- medio plátano,
- unha mandarina,
- e algún ingrediente secreto...
Con esta actividade traballamos moitos aspectos lóxico-matemáticos e de psicomotricidade fina, contamos o número de froitas que nos facían falta, traballamos o concepto de metade, pelamos as mandarinas e o plátano, con coidado de non escachalas (non pensedes que é tan doado...)
E por último, decorámolas para que semellasen cabaciñas e fantasmas, para ao final degustalas. (Algún despois de tanto traballo non quixo comela e preferiu levala para a casa :)
CONTOS CON SOMBRAS!!!!!
Nas xornadas previas a festividade do Samaín, aproveitamos para xogar coas sombras, uns días ollamos as nosas cabazas na escuridade e descubrimos as súas expresións, había de todo (cabazas sorrintes, cabazas con medo, cabazas enfadadas..)
Outros días, xogamos a inventar contos con diferentes personaxes, esta actividade gustóulles moito e espertou a súa imaxinación de contado, ademáis, axudounos a non ter medo a escuridade, pois estivemos un bo rato coas persianas baixas, aquí vos queda mostra das distintas personaxes que andiveron revoloteando pola nosa clase!!!
CORRE, CORRE, CABACIÑA.
Como é costume no noso cole, antes da chegada do SAMAÍN, pedímoslles as familias que colaboren decorando unha cabaza para ambientar as aulas e corredores. Dende aquí, agradecervos a vosa colaboración pois así de chulas quedaron as da nosa clase.
Algunhas estaban ocas por dentro e poidemos colocarlles unha vela para ver como alumeaban. (Iso gustóunos moito, e non tivemos medo ningún ao quedar a escuras). Despois posamos coas nosas cabazas, agás Alex e Mar que ese día chegaron tarde porque tiñan médico. E por último fomos a colocalas ao corredor, xa non había moitos ocos pero localizámolas enseguida!!!!
CUMPLE DE DANI
Días máis tarde foi Daniel o que quixo compartir a súa xornada de celebración, ese día xa estabamos case todos!!! Algúns xa coñecían como era iso dos cumples Montessori, e o resto ollou con atención como cada vez que a Terra daba unha volta ao redor do Sol (simbolizado cunha vela) Dani cumpría un ano e nos ensinaba unha foto de cómo era cando naceu, ao cumprir un ano e aos dous anos. Despois axudámoslle a soprar e probamos o seu rico biscoito. Máis de un repetimos!!!
lunes, 14 de noviembre de 2016
ANIVERSARIO DE DANA
Dana foi a primeira en compartir connosco o seu aniversario, coincidíu un día que non eramos moitos pero pasámolo xenial, observamos con atención como facía xirar a Terra ao redor do Sol e contamos todos xuntos o número de voltas, unha, dúas e tres.
Despois invitounos a un riquísimo biscoito e a gusanitos!! Estaban boísimos...
PRIMEIROS DÍAS!
Empezamos este curso con moitas emocións e os primeiros días diron moito de sí, coñecemos os espazos da clase, xogamos nos diferentes recunchos, pintamos co novo material, axudamos os compañeiros, e tivemos un primeiro contacto coas novas normas... benvidos!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)























