jueves, 30 de marzo de 2017

A CURUXA CATUXA




Hoxe xoves 30 de marzo veu ata o colexio de visita Catuxa.


Catuxa é unha curuxa que vive no “bosque” das Brañas. Resultou que esta semana un rapaz estaba de excursión polas Brañas e veu a Catuxa, pero pensou que era un mostro.
Costounos un pouco de tempo convencer a este rapaz de que a curuxa non era un monstro e como Catuxa estaba triste pediulle desculpas e convidouna a ir á biblioteca municipal para mostrarlle os contos e todas as cousas fantásticas que se poden aprender dos libros.


A partir de agora Catuxa estará na biblioteca municipal dous días ao mes para contar contos cos cativos. Deixo este enlace para máis información. A súa primeira visita será este domingo día 2 as 18:30 (a entrada é gratuíta).

sábado, 25 de marzo de 2017

NOVOS ANIVERSARIOS



Esta semana hai dúas novas incorporacións ao club dos catro anos.
O martes celebramos o aniversario de Antía.  Descubrimos que naceu no mes de marzo igual que a primavera. Contounos que ten outra irmán mais maior que tamén ven no autobús coma ela. Os seus xeados favoritos son os que teñen forma de pe (non imos facer propaganda da marca) e que saben a fresa. Así, pouco a pouco,  fomos dando voltas arredor dos meses e das estacións ata chegar a este último outono, no que Antía empezou no cole de maiores con 3 anos, e agora ca nova chegada da primavera xa fai 4 voltas completas ao tapete. Parabéns Antía!!!!.


Tamén celebramos o aniversario de Ainara Marx. Foi curioso descubrir que Ainara TAMÉN NACEU NA PRIMAVERA. Así que tomamos como punto de partida o mes de marzo e comezamos a dar voltas mirando a súa foto de bebé. Tiña a cariña regordecha. Con un ano xa se lle vía a pelo rizo pero a sorpresa máis grande foi que polo terceiro nadal tiña un irmanciño pequeno co que xogar e compartir o seu tempo. Todos os veráns son divertidos pero seguramente a foto que máis nos gustou era a que tiña na praia cos manguitos postos. Parabens Ainara!!!!.


A todos lles gusta celebrar o seu aniversario no colexio pero teño a sensación de que a parte máis divertida é a de comer gusanitos, escoitar a canción de Parchís “cumpleaños feliz” e logo bailar un rato despois da merenda.

viernes, 24 de marzo de 2017

VISITA DE MALA UVA


Estabamos hoxe rematando de facer a asemblea cando de súpeto… petaron á porta… vaia sorpresa!!!! Era Mala Uva. A avoa de Tachatodo e Analfabeta, unha das bruxas de Illa fantasía.
Non vos podedes imaxinar o que lle pasou.

Estaba voando na súa vasoira cando se rompeu e… bueno no vídeo cóntao algo mellor. Ata se puxo verde e todo, co susto. 


Menos mal que a pirata do aire Tormenta estaba preto e lle prestou un paracaídas. 

Pero ese foi outro problema porque ela levaba unhas palabras para o Mago Alfa e mesturáronse as letras todos co paracaídas.
Sacudimos 

e sacudimos para ver se caían

Volvemos a sacudir máis forte


Non había forma de que caeran tivemos que meternos dentro rañar para facerlle cóxegas e por arte de maxia comezaron a caer letras.

Agora toca poñer orde. Atopamos coche, bici, avión e barco e ademais en letras brillantes GLOBO.


Parece ser que dende Illa Fantasía están planeando unha viaxe a Sada e varios van vir en globo como os piratas do aire xunto con Tormenta.
Xa veremos que novas aventuras nos depara esta illa tan fantasiosa. Polo momento imos investigar algo máis sobre os globos. Resulta moi curioso que os primeiros tripulantes dun globo aerostático foran unha ovella, un pato e un galo. Ós franceses ocórrenselle cousas moi estrañas...