lunes, 12 de junio de 2017

PARABENS MANU, TIAGO E AITOR !!!!!



Xa entrados no mes de xuño vanse acumulando as celebracións de aniversarios. O motivo e que compartimos tamén un tempo con aqueles que cumpren anos en xullo e agosto.
Esta semana comezamos co aniversario de Manuel. 


Isto de ver fotos gústanos a todos. Manu sempre sae moi sorrinte nas fotos debe ser porque está contento. Sábenlle ben as patacas fritas e tamén o refresco de laranxa. Estaba moi favorecido co gorro de inverno na praia de Sada pero sen dubida a foto máis divertida foi a última. Había tres Manus na mesma foto, saltando, co monopatín,… pensamos que igual tiña algo que ver cos tenis novos.
Uns días máis tarde celebramos de xeito adantado os aniversarios de Tiago e de Aitor.

Tiago é un neno moi viaxeiro. Amosounos varias fotos das súas vacación, disfrazado de Gato nos carnavais en Tenerife ou  na praia en Ibiza. Tamén nos contou que lle gustan as plantas. Ten unhas xardineiras moi chulas onde rega leitugas e tomates.

Aitor tamén trouxo moitas fotos.


No nadal aparecía vestido de Papá Noel e rodeado de agasallos. Estaba tamén moi simpático co flotador na praia e moi elegante na voda do tío José. Presentounos á súa irmá Xiana porque aparecía con ela en varias fotos e contounos que lle gusta xogar cos coches.


A partir de agora e ata fin de curso temos aniversarios case todos os días, asi que se non comen moito ao chegar a casa xa sabedes que pode ser polos gusanitos. NON SE CANSAN NUNCA.
Parabens Manu!!!, parabens Tiago!!! E parabens Aitor!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario