Xa estamos na
terceira entrega sobre as eirugas da seda.
Cada día que pasa
medran máis e máis. Dúas semanas atrás chegábanos con dúas follas pequenas para
darlles de comer a todas pero agora xa precisan unha cantidade maior, estamos a
darlles tres ou catro follas grandes.
Apesares de que
xa resultan ben visibles en algunhas ocasións sacámolas da caixa e observamos
coa lupa por si hai algunha cousa curiosa que non vemos sen ela.
A forza de mirar
e achegar o nariz, pois algún e algunha descubriron que teñen a boca negra, que
xa non son negras como cando naceron, que se levantan e moven a cabeza como se
bailasen, que as follas que comen quedan con furados, que hai “cacas”💩 na caixa
de cor negra así que hai que limpala de cando en vez,…
Esta semana
fixemos un vídeo para que as vexades un pouco máis preto. Pulsade aquí para
velo.
Xa tivemos que rescatar
a algunha cun cotonete de algodón porque saíu voando da caixa 🙈🙈 e apareceu sobre un
dos baúis de coches, e iso que non ten ás aínda (parece mentira que duros son
estes animaliños😁).
Haber que tal
pasan estes tres días de vacacións. Esperemos que non se escapen da caixa e que
teñan suficiente comida.












