Estamos case no
remate do curso escolar e esta semana contamos coa visita na aula de tres mamás
que nos sorprenderon con experimentos científicos.
Para que todos e
todas puidesen participar e ver ben de preto os experimentos repartimos a aula
en 3 grupos e logo fomos rotando polos tres talleres. Había uns poucos de
nervios pero todo saíu fantástico.
Con Mercedes, a
nai de Pablo, fixemos un percorrido por fenómenos naturais como o arco da vella,
o movemento da lava dentro da terra e as explosións volcánicas. Aquí tendes un pequeno vídeo destes interesantes volcáns.
Con Francine, a
nai de Benji, aprendemos curiosidades da capilaridade e a tensión superficial
dos líquidos. Para iso abrimos flores de papel con auga e observamos como
corrían as cores sobre unha bandexa de leite e facían figuras sorprendentes.
Pulsade aquí para ver un pouco.
Con Eva, a nai de
Alex, descubrimos que as pasan saben bailar, que hai líquidos que non son moi
amigos entre si como podedes ver neste vídeo, iluminamos unha bombilla e incluso
fixemos un tornado nunha botella.
Como todos
estabamos moi atentos e o pasamos xenial levamos de agasallo unha medalla.
O certo e que foi
un día moi sorprendente porque ademais da visita das mamás tamén estaba a profe
Sonia con Carla e dáme a sensación de que a esa pequena gustoulle iso da
ciencia.
Aquí tendes outro vídeo para ver que ben o pasamos.
Fíxose curto o
tempo como científicos e non tivemos tempo de despedirnos como se debe. Así que
moitas gracias por acompañarnos e compartir con nos un rato do voso tempo. Un
aplauso moi grande pola vosa valentía ao aceptar esta proposta e facernos pasar
un rato tan entretido 👏👏👏👏.








No hay comentarios:
Publicar un comentario