lunes, 22 de mayo de 2017

SEMENTANDO FABAS



Coa chegada da primavera aparece tamén a curiosidade por saber máis cousas sobre as plantas.

Por iso estamos a realizar no colexio o típico experimento de poñer a medrar unha faba en algodón húmido, sistema baseado no que cientificamente se coñece como cultivo hidropónico. 

Neste caso para non ocupar moito espazo puxemos as nosas fabas en bolsas de plástico que agora están colgadas dun mural no corredor.

Deixo un enlace á gravación onde eles mesmos fan o resumo de como plantamos as fabas. Como sabían que os gravaba tiñan vergoña e non querían falar. A próxima vez terei que agochar a cámara 😁😁😁.



Tivemos un problema coa nosa plantación. A pesar de poñer o letreiro de NON TOCAR foi imposible que os curiosos non apertasen as bolsas. Fixemos un segundo intento de ver medrar as nosas fabas (e como non estaba moi segura de que desta vez si respectasen o traballo puxen outras fabas separadas para poder metelas nas bolsas).

Esta segunda remesa si saíu e xa se poden ver as raíces e en varios casos o talo ou as follas.
Resulta moi interesante ir ao corredor e ver que a túa faba está medrando.




Nuns días enviareinas para a casa e xa podedes plantalas nunha maceta ou na horta. Con uns coidados mínimos teredes fabas pasado o verán 👍👍.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario