Os maios é o nome dunha festa popular galega que ten lugar na primavera e cuxos orixes se remontan a civilizacións prerromanas. Celébrase normalmente no mes de maio e durante esta festividade realízanse representacións, bailes e cantos arredor dos chamados maios, estruturas inspiradas sobre todo en árbores aínda que agora teñen formas variadas e se adornan con herbas como o fiúncho (hinojo), follas, flores, froitas, ovos...
A pesar de que
esta zona non ten tradición de maios dende a escola téntase achegar aos nenos e
nenas á súa cultura, tentando recuperar esta costume. Por iso trouxemos flores
ao colexio e decoramos o noso propio maio. Verdade que está fermoso?
Pulsade aquí para escoitar o poema musicado
"Ahi ven o maio
de frores cuberto
puxéronse a porta
cantandome os nenos,
os puchos furados
pra min extendendo
pedironme crocas
dos meus castiñeiros"
Manuel Curros Enrríquez




No hay comentarios:
Publicar un comentario