Xa fai polo menos
15 días que non falamos nada das nosas eirugas.
Neste tempo case
se lles nota medrar de día en día.
O certo é que,
agora mesmo, o seu tamaño permítenos collelas na man e failles moita gracia.
Resulta sinxelo
observar as partes do seu corpo: cabeza, boca, patas...
Cando comen as
follas solo quedan os nervios máis grandes e hai que limpar a caixa moi a miúdo
porque queda chea de cacas 💩💩💩💩💩💩💩💩.
Devoran tanto que
case non lles chegan as follas que botamos. Cando poñemos follas novas parece
que as ulen, porque levantan o corpo e van rápido a comer. Hai 3 ou 4
moreiras xunto a Casa da Cultura “Pintor Lloréns” en Sada, non son moi grandes
pero chegase ben ás follas. Igual nos atopamos por alí cando vou apañar
folliñas de moreira. Agora si que precisamos máis cantidade de follas (xa comeron todas as que trouxestes). Se vades de paseo a Betanzos disque no Pasatempo hai varias moreiras xigantes, tamén as podedes atopar no Parque de Santa Margarita en Coruña 🌿🌿🌿.
Os primeiros
individuos que naceron xa están na última das fases de eiruga e seguramente pronto
comezarán a facer o casulo de seda. Aquelas que consigan sobrevivir porque resulta dificil non "espachurar" algunha 🙈🙈🙈
Para que vos
tamén poidades velas de preto fixen varios vídeos que podedes ollar nos
seguintes enlaces pulsando sobre as letras de cor.
Neste primeiro enlace observase unha eiruga durante a fase de muda. Quedan quietas e coa
cabeza levantada. Este tempo dura sobre 24 horas.
E no segundo enlace vese moi ben que rápidas son comendo.
Seguiremos observando e xa veremos se na próxima entrega hai algún casulo de seda xa en proceso.







No hay comentarios:
Publicar un comentario