Este mes de maio
estivo moi influenciado pola cultura galega devido a dúas festas salientables
no noso calendario: as Letras Galegas e Os Maios.
Para continuar
aprendendo sobre a nosa cultura contamos coa visita na aula de Miguel, o papá
de Xoel.
Coñece e toca
varios instrumentos moi típicos en Galicia e chegou cargado con varios deles.
Agora xa sabemos
o que é
unha pandeireta
e unha pandeira.
Aprendemos que eses círculos metálicos
que levan chámanse ferreñas.
Tamén nos ensinou
como soaba o pandeiro cadrado (porque habíaos redondos). Incluso puidemos tocalos
porque trouxo dous pequenos.
Cantou para nos
varias cancións (aquí tendes o enlace para escoitar un pouco).
O certo e que ten
un son bastante forte e algúns tapaban as orellas ao principio pero logo bailaban
coas orellas tapadas 😂😂😂.
E ao final de
todo bailamos e xogamos con cancións populares como “A saia da Carolina” e o xogo da "Carrasquiña".
Pasárono tan ben
que o resto do día estiveron dando palmadas na mesa e cos pes.
👏👏👏 FOI UN ÉXITO 👏👏👏
Coido que incluso
algún quere aprender a tocar a pandeireta.
Moitas gracias Miguel polo teu tempo.
Por certo tamén trouxo unha lata de pementón, e que os galegos facemos festa con calquera cousa 👍.





No hay comentarios:
Publicar un comentario