viernes, 26 de mayo de 2017

ALGO DE MAXIA



O xoves tivemos no colexio a oportunidade de desfrutar da actuación do Mago Charlangas.

Non tiñamos moi claro se era un mago dos que converten á xente en ras ou dos que saca coellos da chistera. E resultou que era un mago que viaxaba no tempo e facía inventos tolos.
Como había moitos nenos e nenas levou un pouco de tempo conseguir colocarnos pero por fin estabamos listos para ver a actuación.
Charlangas facía cousas estrañas cunhas pelotas e uns vasos. De xeito máxico as pelotas viaxaban dun vaso a outro sen que as viramos ou medraban dentro do vaso.

E inventou unha pelota que parecía pegarse nos dedos. Para que vexades un pouco pulsade aquí e veredes un vídeo.
Tamén podía adiviñar a carta que escollía un voluntario sen necesidade de vela, pero claro un pouco de trampa facía, porque viña do futuro e xa sabía que carta ían escoller.

 
Outro dos seus inventos foi o “Sprai de la muerte”. Un nome curiosos pero con moitos usos. Os lapis volvíanse flexibles, os aros uníanse entre si, as cordas que estaban cortadas volvíanse a pegar (aquí tedes a demostración),… parecía útil o invento.

Foi moi divertido cando nos presentou á súa mascota Mofi (unha mofeta) sabía bailar moi  pero que moi ben. Facía a danza do ventre e o moonwalker 😂😂😂😂.
Posiblemente un dos mellores inventos era Murphi, un lapis que podía pintar e despintar el so, nun periquete, un caderno enteiro.
Estaremos atentos por se Charlangas pode voltar do futuro outro día e nos ensina máis inventos dos seus.

No hay comentarios:

Publicar un comentario