jueves, 6 de abril de 2017

VISITA AO ACUARIO



O mércores estivemos de visita na Casa dos Peixes. Foi unha mañá longa. Nada máis chegar á escola xa nos colocamos nas filas para ir ao autobús porque tiñamos que estar alí ás 10 da mañá.

Xusto ao chegar o primeiro que se vía era o mar e Torre de Hércules (un edificio moi alto).
Dentro do acuario recibíronnos uns peixes chamados “panchos”. Alí dentro non se podían facer fotos con flash así que quedan un pouco raras e movidas, pero serven para ter unha idea.

Con moita paciencia e tempo baixamos a visitar o submarino Nautilus e o despacho do seu capitán: o Capitán Nemo. Alí había moitíiiiiiiisimos peixes que estaban a nadar. Grandes, pequenos, planos,
redondos, a raia Ángela (que estaba a durmir), moitos ollomoles (son os panchos de grandes), peixes con manchas,… entre eles vimos a Gastón que é un tiburón touro. Estaba un pouco triste porque parece ser que a moza lle morreu así que precisa agarimos. Mari Carme, que foi a nosa guía, contounos varias cousas curiosas. Resulta que Gastón ten dous “pitos” para facer pipí, ademais ten 3 filas de dentes por arriba e outras 3 por abaixo polo que ronda os 400 dentes. Os seus dentes están moi brancos e non teñen caries porque non come chuches.
Logo subimos outra vez as escaleiras para ver un acuario que simulaba un arrecife de coral. Alí estaban varios peixes pallaso (como Nemo e Marlin os da película de Disney) xogando nas anemonas e tamén había un peixe cirurxián (igualiño que Dory).

Tamén tivemos sorte e puidemos tocar unha estrela de mar. Mari Carme contounos que poden ter ata 40 brazos e que teñen un ollo en cada un.

A verdade e que Mari Carme sabía moitas historias, contounos que os cabaliños de mar son peixes e que neste caso son os papás os levan na barriga aos bebés ata que nacen. Había algúns bastante gordechos, igual dentro de pouco hai cabaliños novos.

Antes de marchar tivemos tempo de ver as medusas iluminadas con luces de cores, as morenas, un barco no fondo do mar, un polbo que flotaba movendo os tentáculos, moitos mexillóns colgados de cordas, cangrexos,… mi madriña cantas cousas había alí!!!!! Estibemos case dúas horas. 



Xa na volta iamos un pouco cansos e con fame.

Menos mal que na clase tiñamos as merendas. Seguro que moitos comeron pouco na casa pero e que merendamos moi tarde. Un día divertido pero moi cansado.



No hay comentarios:

Publicar un comentario