lunes, 10 de abril de 2017

CAPITULO 2º: EIRUGAS DA SEDA



As nosas eirugas continúan evolucionando. Como podedes ver no vídeo temos individuos en varias etapas, os máis grandes son dos primeiros que saíron dos ovos e xa están na súa segunda idade, e dicir, fixeron unha muda. Os máis pequenos son os que están a nacer aínda.

As eirugas pasan por un total de 5 fases máis a adulta con unha muda entre cada unha delas. Cando están a facer a muda quedan totalmente quietos durante 1 día aínda que neste momento son tan pequenos que nos resultou un pouco difícil aprecialo. Esperemos ter sorte con estas últimas eirugas que están a saír dos ovos.

Temos unha caixa grande que tapamos con un cartón para que non se meta nada dentro e para “non molestalos moito” co ruído.

Fixemos debuxos para decorala, hai eirugas, casas, montañas,…




O encargado do día ten unha tarefa nova, dar de comer ás eirugas. Poñémoslles unha folliña de moreira cada día. Porque polo momento comen pouco.

De cando en vez algún vai mirar para elas, están simpáticas paseando pola caixa

E ata aquí o segundo capítulo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario