sábado, 1 de abril de 2017

CAPITULO 1º: EIRUGAS DA SEDA



Bueno como xa tiñamos poucas cousas para facer 🙈😁😁 pois imos a meternos nunha nova aventura: AS EIRUGAS DA SEDA.
Os nenos de 3º de primaria tiñan gardados dende o ano pasado ovos de eirugas da seda e como había unha grande cantidade ofreceronos a aqueles que quixeran levar uns poucos para a súa clase.
Foi algo que nos colleu por sorpresa así que teremos que ir todos aprendendo sobre a marcha como coidar das eirugas.

Polo de pronto os ovos están a facer eclosión antes de tempo, debido á calor que fai dentro do edificio. Este é un problema, xa que non hai pola contorna follas de moreira, sustento principal das eirugas.
Buscando información en internet parece que poden comer algo de leituga pero iso non será suficiente para mantelas e que cheguen a estado adulto. Seguramente estes primeiros individuos morrerán, pero hai que intentalo.

Vou a gardar uns poucos ovos nun lugar fresco haber se hai sorte e eclosionan logo da Semana Santa, agardando ter para esa época follas de moreira.
O ciclo de vida destes animais é curto polo que teríamos tempo dabondo de observar as eirugas antes de que remate o curso escolar.
Deixo un enlace ó vídeo que fixen para que todos poidades ver como están estas primeiras eirugas.
Enviarei unha nota para a casa onde irán instrucións sobre a busca de información. E todas as semanas engadirei un capitulo novo sobre a evolución das eirugas.
Levar a cabo este proxecto ten múltiples xustificacións pedagóxicas:

  • Axuda a comprender o ciclo da vida
  • Permite concienciar sobre o respecto á natureza
  • Da pe a traballar educación para a saúde, educación ambiental, educación cívica,…
  • Inclúe contidos de todas as áreas de experiencia infantís, coñecemento de si mesmo e autonomía persoal, coñecemento do contorno, linguaxes e comunicación
Espero que vos resulte tan interesante coma aos nenos esta nova experiencia. Ide pensando se acolleriades a estas mascotas na casa algunha fin de semana, aínda que pode resultar complexo polo autobús e o comedor.
Ata o próximo capítulo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario