martes, 18 de abril de 2017

SADA LEE

Co motivo da celebración do Día Internacional do Libro dende A concellería de Educación, Xuventude e Saúde, convocase o 2 º Concurso municipal “Sada Lee” co obxectivo de fomentar a lectura.
Ademáis deste concurso “SADA LEE”  o domingo 23 de abril a concellería de Educación organiza unha mañá literaria dende as 11:30 até as 13:30 horas polo centro urbano de Sada. Nesta actividade contarase coa colaboración das Escolas de Baile de Sadanza e de Carmen López.
Diferentes personaxes literarias recoñecibles mundialmente estarán interactuando cos veciños e veciñas de Sada , visibilizando a importancia da lectura nas nosas vidas como algo cotiá e que enriquece a nosa imaxinación .


Estas personaxes serán Harry Potter, a Raiña de Corazóns, O Principiño, Mary Poppins e outras dúas a xeito de sorpresa (relacionadas co libro Peter Pan e Sherlock Holmes).
Comentaremos na aula algún detalle destas personaxes e tamén recibiremos unha carta de cada un convidándonos a localizalos por Sada o día 23 pola mañá.
Déixovos a ligazón de información do concello para descargar o mapa que tamén podedes solicitar na Oficina da Xuventude ou para calquera outra consulta sobre as bases do concurso.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario