viernes, 28 de abril de 2017

CAPITULO 3º: EIRUGAS DA SEDA



Xa estamos na terceira entrega sobre as eirugas da seda.
Cada día que pasa medran máis e máis. Dúas semanas atrás chegábanos con dúas follas pequenas para darlles de comer a todas pero agora xa precisan unha cantidade maior, estamos a darlles tres ou catro follas grandes.



 
Apesares de que xa resultan ben visibles en algunhas ocasións sacámolas da caixa e observamos coa lupa por si hai algunha cousa curiosa que non vemos sen ela.


A forza de mirar e achegar o nariz, pois algún e algunha descubriron que teñen a boca negra, que xa non son negras como cando naceron, que se levantan e moven a cabeza como se bailasen, que as follas que comen quedan con furados, que hai “cacas”💩 na caixa de cor negra así que hai que limpala de cando en vez,…

Esta semana fixemos un vídeo para que as vexades un pouco máis preto. Pulsade aquí para velo.
Xa tivemos que rescatar a algunha cun cotonete de algodón porque saíu voando da caixa 🙈🙈 e apareceu sobre un dos baúis de coches, e iso que non ten ás aínda (parece mentira que duros son estes animaliños😁).
 









Haber que tal pasan estes tres días de vacacións. Esperemos que non se escapen da caixa e que teñan suficiente comida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario