viernes, 24 de marzo de 2017

VISITA DE MALA UVA


Estabamos hoxe rematando de facer a asemblea cando de súpeto… petaron á porta… vaia sorpresa!!!! Era Mala Uva. A avoa de Tachatodo e Analfabeta, unha das bruxas de Illa fantasía.
Non vos podedes imaxinar o que lle pasou.

Estaba voando na súa vasoira cando se rompeu e… bueno no vídeo cóntao algo mellor. Ata se puxo verde e todo, co susto. 


Menos mal que a pirata do aire Tormenta estaba preto e lle prestou un paracaídas. 

Pero ese foi outro problema porque ela levaba unhas palabras para o Mago Alfa e mesturáronse as letras todos co paracaídas.
Sacudimos 

e sacudimos para ver se caían

Volvemos a sacudir máis forte


Non había forma de que caeran tivemos que meternos dentro rañar para facerlle cóxegas e por arte de maxia comezaron a caer letras.

Agora toca poñer orde. Atopamos coche, bici, avión e barco e ademais en letras brillantes GLOBO.


Parece ser que dende Illa Fantasía están planeando unha viaxe a Sada e varios van vir en globo como os piratas do aire xunto con Tormenta.
Xa veremos que novas aventuras nos depara esta illa tan fantasiosa. Polo momento imos investigar algo máis sobre os globos. Resulta moi curioso que os primeiros tripulantes dun globo aerostático foran unha ovella, un pato e un galo. Ós franceses ocórrenselle cousas moi estrañas...



No hay comentarios:

Publicar un comentario