Hoxe tivemos unha
visita na aula.
Sven, o pai de
Ainara Marx, veu a amosarnos como é o material de escalada.
Xa tiñamos visto
algunha foto e algún vídeo cando investigamos sobre Edurne Pasaban e Araceli
Segarra (dúas alpinistas moi experimentadas) co gallo do día da muller. Pero o
certo é que sempre queda moito máis recordo de aquelas cousas que podemos ver e tocar.
Como podedes ver
a trouxo unha mochila chea de cousas.
Falounos de que
se pode escalar montañas de pedras ou montañas con xeo e que o material
necesario é diferente en cada caso.
O que sempre é
imprescindible é a seguridade, por iso necesitamos casco e unha corda o máis
longa posible. Mira que somos moitos na clase pero non fomos capaces de estirar
a corda enteira. Mirade o vídeo.
Fixemos probas de
como se coloca o arnés e incluso experimentamos un pequeno descenso (que paciencia
tivo, eran moitos).
Practicamos a
colocar mosquetóns na corda, a algún costoulle un pouquiño.
Tamén nos explicou que para o xeo é preciso levar dous pares de botas e
incluso colocarlles “pinchos” para non esvarar.
Cando se escala por pedras os zapatos tamén son especiais e chámanse Pes de
Gato.
Incluso puidemos ver algún libro sobre montañas, pero temos que aprender a ler
porque traen fotos pero tamén moita letra.
O tempo pasou voando e foi mooooi divertido.
MOITAS GRAZAS SVEN!!!!!!! Agora temos máis ganas de aprender a escalar
cando sexamos maiores.







No hay comentarios:
Publicar un comentario