sábado, 25 de marzo de 2017

NOVOS ANIVERSARIOS



Esta semana hai dúas novas incorporacións ao club dos catro anos.
O martes celebramos o aniversario de Antía.  Descubrimos que naceu no mes de marzo igual que a primavera. Contounos que ten outra irmán mais maior que tamén ven no autobús coma ela. Os seus xeados favoritos son os que teñen forma de pe (non imos facer propaganda da marca) e que saben a fresa. Así, pouco a pouco,  fomos dando voltas arredor dos meses e das estacións ata chegar a este último outono, no que Antía empezou no cole de maiores con 3 anos, e agora ca nova chegada da primavera xa fai 4 voltas completas ao tapete. Parabéns Antía!!!!.


Tamén celebramos o aniversario de Ainara Marx. Foi curioso descubrir que Ainara TAMÉN NACEU NA PRIMAVERA. Así que tomamos como punto de partida o mes de marzo e comezamos a dar voltas mirando a súa foto de bebé. Tiña a cariña regordecha. Con un ano xa se lle vía a pelo rizo pero a sorpresa máis grande foi que polo terceiro nadal tiña un irmanciño pequeno co que xogar e compartir o seu tempo. Todos os veráns son divertidos pero seguramente a foto que máis nos gustou era a que tiña na praia cos manguitos postos. Parabens Ainara!!!!.


A todos lles gusta celebrar o seu aniversario no colexio pero teño a sensación de que a parte máis divertida é a de comer gusanitos, escoitar a canción de Parchís “cumpleaños feliz” e logo bailar un rato despois da merenda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario