O venres 17 viñeron
visitarnos á aula Bea e Vicki para facer con nos un taller de reciclaxe.
Este ano estamos
a participar no proxecto “Refugallando cartón”. É unha concepción innovadora de
como afrontar desde os centros escolares a temática dos residuos sólidos
urbanos e está destinada a nenos e nenas de Educación Infantil. Aquí vos deixo
o enlace á páxina web para os que queiran saber máis.
O obxectivo
principal é concienciar ao alumnado e tamén ao profesorado sobre a necesidade
de reutilizar o papel e o cartón para evitar a tala indiscriminada de árbores. Por
iso empregamos os cartóns do rolo de papel hixiénico, os bricks de leite, os
periódicos,… en diferentes actividades creativas.
O taller do
venres consistiu en facer papel reciclado.
Antes de comezar
contaron o conto dun paxariño chamado Pepo que descubriu que coas árbores se
pode facer papel e cartón, algo que empregamos todos os días.
Pepo pediunos ser
un pouco máis aforradores para que non teñan que cortar tantas árbores porque
entón el ten que mudarse de casa. Podemos compartir os libros de contos, gastar menos papel hixiénico, usar as follas polo dous lados,... e cando xa non sirva votalo no contedor azul.
Tamén nos explicou que co papel vello se
poder facer papel novo. ASI QUE MAS Á OBRA.
O primeiro e
cortar en cachiños pequenos o papel vello, xa tiñamos algo de traballo
adiantado pero houbo que repasar algún que outro papel porque era moi grande.
Logo engadimos
auga, moooita auga
E co batedor eléctrico
trituramos ata obter un puré. Tiña mala pinta, era gris pero….
Con axuda das
monitoras vertemos o puré nuns coadores especiais e fomos montando capas
Algunha rompeu un
pouco pero non importa
Puidemos decoralas
con purpurina, cachiños de ceras, ...
Incluso lle
votamos color vermello para facer unha folla rosada
Tamén escribimos
o nome de PEPO
Agora hai que
esperar a que sequen. O martes ou o mércores comprobaremos como quedou o noso
papel reciclado.













No hay comentarios:
Publicar un comentario