Esta mañá, no
patio, apareceu un paxaro que parecía desorientado e ferido. Para evitar que
sufrise males maiores as profesoras colocárono nunha caixiña de cartón e
chamaron ao "Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe".
Estabamos de
visita na clase dos magos para ver o paxariño cando chegou Jose, un dos
operarios do Centro de Recuperación que está en Oleiros. Así que aproveitamos para facer algunhas
preguntas. Resultou ser un exemplar novo de Chotacabras. Contounos que hai que
chamar ao Centro de Recuperación para que eles podan coidar e curar aos animais
antes de volver a soltalos na natureza e que non hai que darlles de comer nin
de beber.
QUE COUSAS MÁIS
CURIOSAS SUCEDEN NESTE COLEXIO.
Deixo un enlace ao CRFS para o que queira saber máis

No hay comentarios:
Publicar un comentario