O 8 de marzo conmemoramos
o Día Internacional da Muller.
Dende a aula o
traballo levouse a cabo en varias sesións e con moita axuda do traballo feito
na casa por vos, moitas gracias ás nais e pais que colaborástedes na procura de
información sobre as 5 mulleres propostas: Alicia Sornosa, Mercé Martí, Edurne
Pasaban, Josefina Castellvi e Araceli Segarra.Temos varios murais, avións e moitas follas de datos que decoran a cortiza.

Despois de ver
varios vídeos en internet e moitas fotos a votación para elixir protagonista do
mural da aula decantouse por Josefina Castellvi por un so voto de diferencia.Aprendemos moitas cousas curiosas sobre o traballo dos investigadores na Antártida (que ven sendo o Polo Sur, non o Polo Norte onde vive Papa Noel):
- Respecto pola natureza
- As cores do xeo
- Traballo en equipo
- Especies novas como a esponxa Chupachups
Cando estivo rematado fomos oa corredor para pegalo na entrada
Tamén visitamos a exposición de murais para ver o traballo das outras clases.
Había mulleres de moitos tipos e con diversos traballos (científicas, investigadoras, raiñas, astronutas,..), con nomes extraños e de varios paises.









No hay comentarios:
Publicar un comentario