lunes, 30 de enero de 2017

30 DE XANEIRO



Chegou o día de cantar e bailar para pedir paz no mundo e intentar comprender un pouco máis aos outros e empatizar con eles. Botamos en falta a algúns dos compañeiros, pero aínda que non estaban cantando con nos seguro que dende a casa cantaron tamén.
O certo e que levamos dúas semanas preparando este día. A primeira actividade que realizamos foron unhas estrelas coa nosa foto para o mural do colexio. O lema é “Iluminemos o mundo pola paz”. 

Axudounos Lita a pegar as nosas estrelas porque nos sabíamos onde había que poñelas
Como tiñamos que aprender 4 cancións ensaiamos todos os días un pouquiño porque os bailes eran complicados. E fixemos dous ensaios co resto dos nenos, incluso un día choveu.
Outra das tarefas foi colorear rolos de papel hixiénico para facer un corazón xigante xuntamente con todos os nenos de infantil. O noso mural titúlase “A paz é vida”.



Quedou moi fermoso con todas esas cores. 
Nos pintamos os rolos laranxas e podedes ver o mural na entrada do cole.

Pero as nosas tarefas non remataron aquí. Para ir engalanados á celebración fixemos uns sombreiros que levan as mesmas imaxes que aparecen no vídeo da canción “Todos somos Capitáns” (nube, golfiño, estrela, ollos, coello, lúa, …). Cada un escolleu o que máis lle gustou.
Resumindo, logo de todo este traballo pasamos un día moi divertido con todos os compañeiros do colexio, foi estupendo cantar con todos e agardamos outra actividade conxunta para pasalo tan ben coma hoxe.
Aquí quedan os enlaces para ver  uns anaquiños da actuación


Desculpade polo son e a imaxe, pero é cousa do directo. Ao longo da semana tentarei melloralo.

3 comentarios: