XOGOS NO OUTONO DENTRO E FÓRA DA AULA
Gracias a este tempo que tivemos no Outono puidemos disfrutar de moitos e divertidos xogos que nos ofreceu o noso contorno...
As folliñas, os paus e as pedriñas, díronnos moito xogo e tamén atopamos algún que outro bichiño que observamos con atención... e sen mancalo.
Dentro da aula, gracias a todas as aportacións que fixéstedes nestes meses tamén disfrutamos de xogos interesantes como a observación mediante lupas de diferentes aumentos, a clasificación de froitos do outono, castañas, landras, cabazas, noces...
E aproveitamos para formar letras e números con todo este material tan atractivo, moitas gracias familias!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario