viernes, 27 de enero de 2017

UN EXPERIMENTO, FACENDO XEO



Estas semanas pasadas fixo moito frío. Tanto que se conxelaron os coches, as herbas, as beirarrúas,...
Por iso quixemos facer un experimento O NOSO PROPIO XEO!!! para poder observalo ao noso gusto e quentiños dentro da aula.
A profe Sonia (que nos da psicomotricidade e tamén ven a axudarnos algunhas veces na aula) veu a botarnos unha man así que puxemos as cousas que nos gustaron nos moldes para o xeo e engadimos auga.
-       - Non está fría
-       - Non está conxelada!



As cousas flotan  
 - Mira!!!!! Molla 
- Eu quero tocar a purpurina, pero quedase pegada no dedo….



Claro que non está fría, nin conxelada, e molla porque aínda non a puxemos no frío e está líquida. Por iso as castañas, as noces, as follas e a purpurina flotan.



  - Pero as pedras non
 


Pois porque as pedras pesan moito e non teñen aire no seu interior (aire… un concepto moi complicado de comprender).

 Entón como facemos o xeo???
  Temos que poñer os moldes con auga nun sitio que faga moito frío 
 -  Fora??
Fora vai frío si, pero si muda o tempo xa non se conxela a auga. Pensade en outro sitio onde faga moito frío sempre.
-          - O Polo Norte!!!!
-          -   A neve!!!
Eses sitios serven pero quedan moi lonxe. Algo que se atope dentro da casa.
-         -  Na neveira
-         -  No conxelador cos xeados
Boa idea!, imos ata o conxelador.

E pasados uns días volvemos ao conxelador coa profe Isa (que tamén nos axuda de vez en cando) pero aproveitamos para pasar antes polo patio para ver e tocar o xeo nas herbas e facer fume e nubes coa boca. Foi moi divertido.
En fin, aquí está o resultado.






O xeo estaba moi frío, as castañas, as noces, o musgo,….estaban dentro e non se soltaban. As mans e as mesas quedaban molladas coa auga que se derretía e cando volvemos do recreo nas bandexas soamente quedaba auga e as cousas que antes estaban no xeo.



 




Resultou tan divertido que queremos facer xeo outra vez. 



Xa veremos se máis cara o verán.

1 comentario: