O paso venres 3 de febreiro acudimos ao Palacio da Ópera na Coruña para ver
o concerto didáctico titulado O Efecto Arco Iris.
Arcos Iris é un innovador grupo musical de corda,
formado por músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia.
O grupo está composto por 6 persoas que tocan 3
violíns, una viola, un violonchelo e un contrabaixo.
Durante case 50 minutos, Arcos Iris lévannos nunha
viaxe fascinante polas emocións (amor, medo, confianza, ledicia, tristeza,…) a
través dunha coidadosa selección de pezas musicais cheas de maxia.
Na clase levábamos tempo contando os días que
faltaban para o concerto e por fin chegou o día. Xa estamos listos para subir
ao autobús.
O certo é que non tivemos tempo de facer fotos no
exterior, xa estaban agardando por nos. E menos mal que nos subiron en ascensor 😁😁.
Case rematando de sentarnos o grupo Arcos Iris
apareceu sorrindo no escenario e comezaron a tocar PALLADIO de K. Jenkins. Unha
peza chea de enerxía que nos cativou.
Viaxamos cara o medo coa peza NOITE NO MONTE PELADO
axudados por unha araña que realmente non asustaba moito e claro comezaron a
pelexar e discutir entre eles. Imaxinade como foi a cousa que se perseguían
polo escenario e incluso á violonchelista roubáronlle a banqueta. Todo isto
mentres soaba unha tormenta de VERANO composta por Vivaldi.
E cando discutimos poñémonos tristes, moi tristes. Tan
tristes como o ADAGIO de Albinoni. Miña mamaiña como choraba aquela xente. Menos
mal que decidiron facer as paces.
Tiveron unha idea xenial, para celebralo foron
pasar un rato na praia e precisaban algunha axuda. Dani e Vera Camera
acompañados pola profe Isabel colaboraron para levar as cousas.
Queredes velo? Pulsade aquí.
Evidentemente todo ten os seus inconvenientes tanta
festa cansa e o violinista Adrián decidiu votar unha sesta, ata lle cantamos
unha nana composta por Brahams, WIEGENLIED. O pobre tivo algún pesadelo polo
medio.
Tamén houbo tempo para namorarse e bailar o VALS DA BELA DURMINTE de Tchaikovsky. E como todo o bo remata despedímonos cunha peza de
Offenbach o CANCAN.
Resultou
un concerto moi entretido, ata xogamos coas nosas caretas alegres e tristes que
resistiron bastante ben a viaxe por tantas emocións.
De
volta para a casa como non tiveramos música dabondo os nenos de 5 anos ensináronnos
unha canción nova para cantar nas viaxes. Algún e algunha incluso chegaron
durmidos.
Saúdos
para todos e desculpade novamente a calidade das imaxes (vou ter que facer
presuposto para mercar mellor tecnoloxía).










Gracias! Qué preciosa explicación de todo lo sucedido en el concierto! La verdad es que Alex vino encantado y no paraba de hablarme de todo lo vivido allí. Creo que fue una experiencia maravillosa.
ResponderEliminar