jueves, 12 de enero de 2017

TRABALLANDO EN IGUALDADE

Dende o concello propuxéronnos participar nunhas xornadas sobre igualdade e nós que estamos con moitas ganas de aprender apuntámonos sen dubidalo.

 

Olaia veu á nosa aula a primeiros de decembro para ensinarnos un conto sobre os gustos de Xoán, estivemos moi atentos porque a continuación tiñamos que colorealos nunha ficha. A Xoán encantábanlle os bolígrafos de purpurina, a súa camiseta rosa e os contos de princesas valentes.

Despois desta xornada estivemos conversando con Olaia sobre os nosos gustos e moitos coincidíamos con Xoán. Gracias Olaia, volve cando queiras!!!

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario