VISITAS DO NADAL!!!
O trimestre chega a súa fin e antes de marchar de vacacións recibimos dúas visitas que nos sorprenderon moitísimo.
A primeira foron as súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, que viñeron a biblioteca do cole a recoller as nosas cartas e a preguntarnos como nos estábamos a portar. As profes estaban alí tamén para entregar as súas cartas e comprobar que dicían a verdade.... Marcharon moi contentos e nos regalaron unha presa de caramelos para compartir.
A segunda visita foi do Apalpador, o principio quedamos un pouco abraiados pois non contábamos con esta sorpresa, pero como xa coñecíamos a súa historia pronto nos animamos a cantar con el a súa canción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario