Esta semana
celebramos dous novos aniversarios.
O mércores oito cantamos
o cumpre anos feliz a Mar Eijo. Trouxo unha fotos moi divertidas dos
aniversarios pasados. Nunha tiña cara pintada e fixemos un debate para saber se
parecía Hello Kitty ou a Ratiña Presumida. Outra das fotos era do último
aniversario e algúns incluso recoñeceron o sitio.
Tivemos un pequeno
problema co tamaño da bola do mundo, resultaba moi difícil de manexar e
precisou un pouco de axuda para dar as 4 voltas. Pero conseguímolo!!! O tempo
pasa moi apresa.
O venres once foi
a quenda de Ainara Calvo. Para que fose mais sinxelo dar voltas, coa terra na
man, agora temos unha máis pequena. Isto xa é outra cousa!!!
Nas fotos que nos
amosou había unha con chupete porque aínda era bebé e na última de todas estaba
moi sorrinte nun bosque. Fora con mamá e papá e pasouno moi ben. Ademais contounos
que o seu xeado favorito era o de fresa.
Parabéns para Mar
e Ainara de todos os seus compañeiros do colexio e tamén das profes.


Gracias Aida. Mar vino muy contenta.
ResponderEliminar