Esta semana
celebramos o aniversario de Valeria.
Estabamos un
tanto nerviosos polo resto de celebracións destes días pero este anaquiño de tempo serviunos para coñecer un pouco
mellor á nosa compañeira.
Valeria comezou a
dar voltas ensinando unha foto de bebé. Que pequeniña estaba! Comprobamos que
lle gusta moito sorrir porque sempre sae alegre nas fotos. Tiñamos un montón de
imaxes para ver. Fixámonos en como ela foi medrando e o seu pelo tamén. Teno loiro
igual que agora pero de pequeniña non podía facer coletas nin trenzas.
Valeria contou
que unha das súas actividades favoritas é o balet. Na foto de 4 anos sae
vestida para actuar, está moi guapa co seu traxe de baile, magoa que non se vira
enteiro. Tamén nos mostrou algún paso de baile e o certo é que resulta
complicado manter o equilibrio.
Soprar a vela levou
varios intentos 😁😁😁 porque todo o mundo tiña ganas de soprar.
Por último puxemos música na
pantalla despois de cantar o cumpre anos feliz colocámoslle a coroa dos aniversarios e fixemos festa na merenda con
aqueles gusanitos tan ricos.
Valeria, moitas ¡¡felicidades!!
de todos os teus compañeiros e das profesoras.

No hay comentarios:
Publicar un comentario