viernes, 17 de febrero de 2017

ILLA FANTASÍA

O derradeiro artigo desta semana vai adicado a Illa Fantasía.

Temos moito traballo para axudarlle oa "Mago Alfa" e ao "Bufo Beto" a atopar as colas de serea que se perderon por culpa dun tornado hai uns fin de semana. Fixo tanto vento que incluso en Illa Fantasía tiveron problemas. Enviaron unha carta para contárnolo.
Dende a casa podedes colaborar buscando cos nenos por Sada algunha das colas perdidas. Teñen escrito nomes mariñeiros para poder identificalas, PERO OLLO!!!! tamén hai colas falsas. Se vedes unha cola das boas facede unha foto e apuntade na cuncha, que tedes na casa, o sitio para traela ao colexio. Non hai límite de tempo para esta actividade.

O "Bufo Beto" saberá que encontramos colas porque pintaremos unha pedra e colocarémola no patio, esta pedra volverase máxica e así podemos comunicarnos coa Illa. Xa temos as pedras case listas e decoradas, non é preciso traer máis.

Aquí na aula, nós seguimos a aprender, gracias a este proxecto de animación á lectura e tamén nos divertimos cos sombreiros tan orixinais que nos fixo Lara, a nai de Vera Babío (MOITAS GRACIAS).

Somos Piratas, Duendes, Damas, Cabaleiros,... Se alguén máis quere colaborar todas as aportacións son ben recibidas.

Déixovos un enlace a un video elaborado por uns papás do colexio "Sada e os seus contornos" para que coñezades un pouco máis a historia de "Illa Fantasía"
Tamén hai unha canción titulada Kumananá que se cantará na xuntanza de final de curso. sobre esto irei informando pouco a pouco.

Saúdos e boa fin de semana.

1 comentario:

  1. Gracias a ti por trabajar ademas de en clase tanto en el blog. Lara

    ResponderEliminar