Para achegarvos
un pouco todo o que facemos durante un trimestre, vou a facer un resumo sobre a
metodoloxía de traballo empregada polas diferentes mestras que interveñen na
educación dos vosos fillos e fillas.
Comezamos todos
os días realizando o que chamamos “Asemblea” donde estamos todos xuntos. O encargado ou encargada pasa
lista recoñecendo que compañeiros viñeron ao colexio e cales non, contamos
cantos somos e cantos faltan e traballamos o tempo a través dos días da
semana e os meses no calendario. Nestas asembleas tamén se fomenta a socialización
(respectando as quendas de palabra por exemplo), falamos das emocións e do coñecemento do
corpo mediante os debuxos que eles fan de si mesmos. Todas estas actividades
permiten desenvolver a expresión oral e achegarnos á expresión escrita (a
través dos seus nomes), adquirir coñecementos matemáticos, razoamento lóxico,
mellorar a atención, a autonomía,…
Unha vez rematado este tempo, ao longo da
xornada, tamén traballamos en pequenos grupos.
A aula está dividida en 5 espacios:

- A mesa laranxa,
dedicada ás construcións. onde melloramos o coñecemento espacial
- A mesa verde,
dedicada ás matemáticas. Onde melloramos o coñecemento matemático
- A mesa vermella,
dedicada á expresión plástica
- A mesa amarela,
dedicada á biblioteca de aula. Onde traballamos a linguaxe escrita
- A mesa azul,
dedicada ao xogo simbólico. Coñecida como a cociña pero tamén temos material de
médicos, de perruquería, de supermercado, os galiñeiros,…
Os grupos son
variables, ao longo da semana todos pasan pola totalidade das estacións e con
diferente grupo de compañeiros. Existe unha parte de xogo libre e unha parte de
traballo dirixido.
Unha vez por
semana temos as clases de psicomotricidade. A modo de exemplo poño algunha
fotografía da sesión realizada durante a semana da prensa. A profe Sonia
preparou unhas actividades moi divertidas empregando papeis de periódico.
Tamén hai dúas
sesións de inglés durante a semana. A profe Eva sempre chega chea de enerxía
para achegarnos de xeito oral a lingua inglesa. A modo de exemplo podedes ver
como se traballan as cores empregando cancións e libros infantís. Algúns contestan
e participan con maior ou menor acerto…
Espero que vos
resultase entretido ver un pouco máis de cerca o día a día da escola.