lunes, 22 de mayo de 2017

SEMENTANDO FABAS



Coa chegada da primavera aparece tamén a curiosidade por saber máis cousas sobre as plantas.

Por iso estamos a realizar no colexio o típico experimento de poñer a medrar unha faba en algodón húmido, sistema baseado no que cientificamente se coñece como cultivo hidropónico. 

Neste caso para non ocupar moito espazo puxemos as nosas fabas en bolsas de plástico que agora están colgadas dun mural no corredor.

Deixo un enlace á gravación onde eles mesmos fan o resumo de como plantamos as fabas. Como sabían que os gravaba tiñan vergoña e non querían falar. A próxima vez terei que agochar a cámara 😁😁😁.



Tivemos un problema coa nosa plantación. A pesar de poñer o letreiro de NON TOCAR foi imposible que os curiosos non apertasen as bolsas. Fixemos un segundo intento de ver medrar as nosas fabas (e como non estaba moi segura de que desta vez si respectasen o traballo puxen outras fabas separadas para poder metelas nas bolsas).

Esta segunda remesa si saíu e xa se poden ver as raíces e en varios casos o talo ou as follas.
Resulta moi interesante ir ao corredor e ver que a túa faba está medrando.




Nuns días enviareinas para a casa e xa podedes plantalas nunha maceta ou na horta. Con uns coidados mínimos teredes fabas pasado o verán 👍👍.
 

domingo, 21 de mayo de 2017

CAPITULO 5º: EIRUGAS DA SEDA



Esta semana as eirugas medraron moito. Incluso limpando na caixa descubrimos restos das mudas. Con este tamaño son moi visibles as partes, nótase incluso onde estaban as patas.


Se pinchades no texto de cor aquí, veredes como estes animaliños son máis duros do que parecen xa que os nenos e nenas trastean con eles cando poden. De todos os xeitos están avisados que non se lles pode tocar cando están quietos e teñen a cabeza levantada, porque nese momento están facendo a muda da súa pel.
Temos outra novidade. Ainara trouxo unha bolsa perfecta para poder transportar as eirugas para a casa. Ten asas e cremalleira, e dúas caras transpirables. Polo que poden ir perfectamente no autobús.

Se alguén está interesado en levar unhas poucas de eirugas para a casa un día, que me envíe unha nota. A maioría das eirugas están próximas a facer o casulo así que xa non queda moito tempo para poder velas en vivo e en directo.

martes, 16 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS



Este ano o día das letras galegas está dedicado a Carlos Casares.
Con ese motivo levamos xa unhas semanas falando algo máis de galego na aula, coñecendo algunha das obras escritas por Carlos e intentando ubicar Galicia e Sada nun mapa.
Tanto  “A Galiña Azul” como “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas” serviron de escusa para achegarnos ao idioma e cultura da nosa terra galega.


O certo e que tamén quixemos aprender un pouco máis de galego porque dende Illa Fantasía tamén están interesados en aprender galego para cando veñan a visitarnos. Por iso nos pediron que lles axudásemos a compoñer un libro para a súa biblioteca escrito en galego. 
 
 
















Ese Libro Máxico do galego está a pasar por todos os colexios que participan no proxecto de lectoescritura. Cada aula confecciona unha páxina e esta é a nosa creación:




A verdade e que a xente traballou moito e merece a pena ver o libro porque está moi fermoso. O día da xuntanza en Gandarío estará exposto para que todos o poidades ver.