sábado, 22 de abril de 2017

PARABENS MACA !!!!!!!!



Conforme vai pasando o tempo son máis os compañeiros e compañeiras que cumpren os 4 anos. Esta semana tivemos a celebración de Maca.
Macarena naceu na primavera, xa agromaban as plantas e hai moitas flores nos campos. Descubrimos que unha das súas afección cando tiña 1 ano era recorrer a gatas toda a casa. Gustounos moito a foto onde aparecía disfrazada de indiana con un parasol branco igual que o seu vestido . Pero a sorpresa máis grande foi a fotografía da "escola de maiores", estaba diante do encerado co seu nome escrito e o seu debuxo. Comparamos a imaxe de bebé coa de agora e o certo e que había moitas diferencias.


Desexamos que pasaras un feliz día e moitas grazas por convidarnos a gusanitos e compartir con nós algunha anécdota da túa vida.
Parabéns Maca!!!!!!!

martes, 18 de abril de 2017

SADA LEE

Co motivo da celebración do Día Internacional do Libro dende A concellería de Educación, Xuventude e Saúde, convocase o 2 º Concurso municipal “Sada Lee” co obxectivo de fomentar a lectura.
Ademáis deste concurso “SADA LEE”  o domingo 23 de abril a concellería de Educación organiza unha mañá literaria dende as 11:30 até as 13:30 horas polo centro urbano de Sada. Nesta actividade contarase coa colaboración das Escolas de Baile de Sadanza e de Carmen López.
Diferentes personaxes literarias recoñecibles mundialmente estarán interactuando cos veciños e veciñas de Sada , visibilizando a importancia da lectura nas nosas vidas como algo cotiá e que enriquece a nosa imaxinación .


Estas personaxes serán Harry Potter, a Raiña de Corazóns, O Principiño, Mary Poppins e outras dúas a xeito de sorpresa (relacionadas co libro Peter Pan e Sherlock Holmes).
Comentaremos na aula algún detalle destas personaxes e tamén recibiremos unha carta de cada un convidándonos a localizalos por Sada o día 23 pola mañá.
Déixovos a ligazón de información do concello para descargar o mapa que tamén podedes solicitar na Oficina da Xuventude ou para calquera outra consulta sobre as bases do concurso.
 

viernes, 14 de abril de 2017

QUE FACEMOS NA ESCOLA?



Para achegarvos un pouco todo o que facemos durante un trimestre, vou a facer un resumo sobre a metodoloxía de traballo empregada polas diferentes mestras que interveñen na educación dos vosos fillos e fillas.
Comezamos todos os días realizando o que chamamos “Asemblea” donde estamos todos xuntos. O encargado ou encargada pasa lista recoñecendo que compañeiros viñeron ao colexio e cales non, contamos cantos somos e cantos faltan e traballamos o tempo a través dos días da semana e os meses no calendario. Nestas asembleas tamén se fomenta a socialización (respectando as quendas de palabra por exemplo), falamos das emocións e do coñecemento do corpo mediante os debuxos que eles fan de si mesmos. Todas estas actividades permiten desenvolver a expresión oral e achegarnos á expresión escrita (a través dos seus nomes), adquirir coñecementos matemáticos, razoamento lóxico, mellorar a atención, a autonomía,…
Unha vez rematado este tempo, ao longo da xornada, tamén traballamos en pequenos grupos. 
A aula está dividida en 5 espacios:
  • A mesa laranxa, dedicada ás construcións. onde melloramos o coñecemento espacial
 
  • A mesa verde, dedicada ás matemáticas. Onde melloramos o coñecemento matemático


  • A mesa vermella, dedicada á expresión plástica
  • A mesa amarela, dedicada á biblioteca de aula. Onde traballamos a linguaxe escrita
  • A mesa azul, dedicada ao xogo simbólico. Coñecida como a cociña pero tamén temos material de médicos, de perruquería, de supermercado, os galiñeiros,…
Os grupos son variables, ao longo da semana todos pasan pola totalidade das estacións e con diferente grupo de compañeiros. Existe unha parte de xogo libre e unha parte de traballo dirixido.






Unha vez por semana temos as clases de psicomotricidade. A modo de exemplo poño algunha fotografía da sesión realizada durante a semana da prensa. A profe Sonia preparou unhas actividades moi divertidas empregando papeis de periódico.

Podemos ver no vídeo o ben que o pasaron.
Tamén hai dúas sesións de inglés durante a semana. A profe Eva sempre chega chea de enerxía para achegarnos de xeito oral a lingua inglesa. A modo de exemplo podedes ver como se traballan as cores empregando cancións e libros infantís. Algúns contestan e participan con maior ou menor acerto…

Espero que vos resultase entretido ver un pouco máis de cerca o día a día da escola.