martes, 14 de marzo de 2017

¡¡¡ESCALANDO!!!

Hoxe tivemos unha visita na aula.
Sven, o pai de Ainara Marx, veu a amosarnos como é o material de escalada. 

Xa tiñamos visto algunha foto e algún vídeo cando investigamos sobre Edurne Pasaban e Araceli Segarra (dúas alpinistas moi experimentadas) co gallo do día da muller. Pero o certo é que sempre queda moito máis recordo de aquelas cousas que podemos  ver e tocar.
Como podedes ver a trouxo unha mochila chea de cousas. 

Falounos de que se pode escalar montañas de pedras ou montañas con xeo e que o material necesario é diferente en cada caso.
O que sempre é imprescindible é a seguridade, por iso necesitamos casco e unha corda o máis longa posible. Mira que somos moitos na clase pero non fomos capaces de estirar a corda enteira. Mirade o vídeo.
Fixemos probas de como se coloca o arnés e incluso experimentamos un pequeno descenso (que paciencia tivo, eran moitos).
 
 











Practicamos a colocar mosquetóns na corda, a algún costoulle un pouquiño.

Tamén nos explicou que para o xeo é preciso levar dous pares de botas e incluso colocarlles “pinchos” para non esvarar.
Cando se escala por pedras os zapatos tamén son especiais e chámanse Pes de Gato.
Incluso puidemos ver algún libro sobre montañas, pero temos que aprender a ler porque traen fotos pero tamén moita letra.
O tempo pasou voando e foi mooooi divertido.
MOITAS GRAZAS SVEN!!!!!!! Agora temos máis ganas de aprender a escalar cando sexamos maiores.







lunes, 13 de marzo de 2017

MURAL DE INVERNO

Levamos varios días a confeccionar un mural de inverno para seguir aprendendo gracias a os nosos nomes. Dilatouse no tempo e xa case ven a primavera pero claro entre as enfermidades, as festas e conmemiracións rematámolo xusto agora.


Resultou moi laborioso, tivemos que facer as nubes, 
a neve nas montañas e no chan, tamén a que cae do ceo 

algunha árbore con e sen follas…
 



Pero o que mais tempo levou foron os bonecos de neve. Hai tantas bolas como letras ten o noso nome máis outra para a cabeza e claro repartimos o traballo porque había nomes moi longos.






Tamén foi complicado facer as letras dentro e logo ordenalas. Algún dos bonecos é súper alto!!!
Somos moitos na clase e case non collen. Este é o resultado final.




domingo, 12 de marzo de 2017

8 DE MARZO



O 8 de marzo conmemoramos  o Día Internacional da Muller.
Dende a aula o traballo levouse a cabo en varias sesións e con moita axuda do traballo feito na casa por vos, moitas gracias ás nais e pais que colaborástedes na procura de información sobre as 5 mulleres propostas: Alicia Sornosa, Mercé Martí, Edurne Pasaban, Josefina Castellvi e Araceli Segarra.



 Temos varios murais, avións e moitas follas de datos que decoran a cortiza.

Despois de ver varios vídeos en internet e moitas fotos a votación para elixir protagonista do mural da aula decantouse por Josefina Castellvi por un so voto de diferencia.
Aprendemos moitas cousas curiosas sobre o traballo dos investigadores na Antártida (que ven sendo o Polo Sur, non o Polo Norte onde vive Papa Noel):
  •  Respecto pola natureza
  • As cores do xeo
  • Traballo en equipo
  • Especies novas  como a esponxa Chupachups


 Cando estivo rematado fomos oa corredor para pegalo na entrada




Tamén visitamos a exposición de murais para ver o traballo das outras clases.
Había mulleres de moitos tipos e con diversos traballos (científicas, investigadoras, raiñas, astronutas,..), con nomes extraños e de varios paises.










O obxectivo a estas idades era comprender que tanto homes como mulleres poden facer as mesmas cousas e que colaborando entre todos é posible chegar máis lonxe.

A educación é a base da igualdade, do respecto polos demais. Traballemos xuntos para que non sexa preciso poñerse de loito por culpa da violencia e a desigualdade. 


sábado, 11 de marzo de 2017

FIN DO ENTROIDO



Remataron os carnavais deste ano. 
O pasado venres día 3 foi imposible facer a queima dos mecos e a dirección do centro decidiu que todos serían indultados polo que a nosa Ave Fénix pasará a decorar o corredor.

A verdade é que despois do fermosa que quedou era unha magoa queimala.
















Nos decoramos unha cara da cola. Puxemos plumas amarelas e laranxas e moooooita purpurina dourada.


 
 Verdade que quedou moi ben????