sábado, 11 de febrero de 2017

DOUS NOVOS ANIVERSARIOS



Esta semana celebramos dous novos aniversarios.

O mércores oito cantamos o cumpre anos feliz a Mar Eijo. Trouxo unha fotos moi divertidas dos aniversarios pasados. Nunha tiña cara pintada e fixemos un debate para saber se parecía Hello Kitty ou a Ratiña Presumida. Outra das fotos era do último aniversario e algúns incluso recoñeceron o sitio.
Tivemos un pequeno problema co tamaño da bola do mundo, resultaba moi difícil de manexar e precisou un pouco de axuda para dar as 4 voltas. Pero conseguímolo!!! O tempo pasa moi apresa.



O venres once foi a quenda de Ainara Calvo. Para que fose mais sinxelo dar voltas, coa terra na man, agora temos unha máis pequena. Isto xa é outra cousa!!!
Nas fotos que nos amosou había unha con chupete porque aínda era bebé e na última de todas estaba moi sorrinte nun bosque. Fora con mamá e papá e pasouno moi ben. Ademais contounos que o seu xeado favorito era o de fresa.


Parabéns para Mar e Ainara de todos os seus compañeiros do colexio e tamén das profes.

sábado, 4 de febrero de 2017

PARABÉNS VERA CAMERA



A principios de xaneiro foi o aniversario de Vera Camera. Fomos cun pouco de retraso na celebración pero iso non impediu que Vera compartira con nos a historia do paso do tempo e como foi medrando e cambiando dende a foto de bebé ata agora.

Tivo que dar catro voltas arredor do tapete porque comezan xa os aniversarios de 4 anos. Como pasa o tempo.
Comemos  gusanitos ata encher, enviámoslle bicos e cantamos o cumpreanos feliz. unha celebración completa.
Parabéns Vera!!!!

EFECTO ARCO IRIS



O paso venres 3 de febreiro acudimos ao Palacio da Ópera na Coruña para ver o concerto didáctico titulado O Efecto Arco Iris.

Arcos Iris é un innovador grupo musical de corda, formado por músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia.
O grupo está composto por 6 persoas que tocan 3 violíns, una viola, un violonchelo e un contrabaixo.
Durante case 50 minutos, Arcos Iris lévannos nunha viaxe fascinante polas emocións (amor, medo, confianza, ledicia, tristeza,…) a través dunha coidadosa selección de pezas musicais cheas de maxia.


Na clase levábamos tempo contando os días que faltaban para o concerto e por fin chegou o día. Xa estamos listos para subir ao autobús.


 O certo é que non tivemos tempo de facer fotos no exterior, xa estaban agardando por nos. E menos mal que nos subiron en ascensor 😁😁.

Case rematando de sentarnos o grupo Arcos Iris apareceu sorrindo no escenario e comezaron a tocar PALLADIO de K. Jenkins. Unha peza chea de enerxía que nos cativou.  



Viaxamos cara o medo coa peza NOITE NO MONTE PELADO axudados por unha araña que realmente non asustaba moito e claro comezaron a pelexar e discutir entre eles. Imaxinade como foi a cousa que se perseguían polo escenario e incluso á violonchelista roubáronlle a banqueta. Todo isto mentres soaba unha tormenta de VERANO composta por Vivaldi.
E cando discutimos poñémonos tristes, moi tristes. Tan tristes como o ADAGIO de Albinoni. Miña mamaiña como choraba aquela xente. Menos mal que decidiron facer as paces.

Tiveron unha idea xenial, para celebralo foron pasar un rato na praia e precisaban algunha axuda. Dani e Vera Camera acompañados pola profe Isabel colaboraron para levar as cousas.
Queredes velo? Pulsade aquí.
Evidentemente todo ten os seus inconvenientes tanta festa cansa e o violinista Adrián decidiu votar unha sesta, ata lle cantamos unha nana composta por Brahams, WIEGENLIED. O pobre tivo algún pesadelo polo medio.
Tamén houbo tempo para namorarse e bailar o VALS DA BELA DURMINTE de Tchaikovsky. E como todo o bo remata despedímonos cunha peza de Offenbach o CANCAN.
 Resultou un concerto moi entretido, ata xogamos coas nosas caretas alegres e tristes que resistiron bastante ben a viaxe por tantas emocións.
De volta para a casa como non tiveramos música dabondo os nenos de 5 anos ensináronnos unha canción nova para cantar nas viaxes. Algún e algunha incluso chegaron durmidos.


Saúdos para todos e desculpade novamente a calidade das imaxes (vou ter que facer presuposto para mercar mellor tecnoloxía).