O luns estivemos
de visita en Aldea Nova para celebrar o fin de curso. Había moita ilusión por
visitar a granxa así que as cerca das 10 da maña partimos no autobús cara a
Narón.
Cando chegamos
tivemos o tempo xusto de ir ao baño e comer unha pequena merenda e logo
comezamos coa visita.
Os monitores da
granxa dividiron a todos s nenos e nenas
en varios grupos por cores, azuis, vermellos, amarelos, brancos,…. Os grupos
non eran por aulas senón por idades por iso nas fotografías e vídeos aparece
xente de outras aulas. As mestras non puidemos acompañalos todo o tempo pero
aínda así conseguín facer algunha gravación.
En total
recorremos 4 talleres:
- XOGOS
TRADICIONAIS, coñecemos algún dos xogos cos que se divertían os máis pequenos
cando non había televisión. Construír con madeira e carozos, pescar no
caldeiro, o pilla-pilla,… Neste video aparecen pescando e construindo
- APIARIO,
explicáronos como traballan as abellas e fixemos a nosa propia candea. Aquí está o vídeo
- OS
PONIS, puidemos dar un pequeno paseo montados en poni, algún e algunha incluso
repiteu. A modo de exemplo vemos a Raúl e Valeria
- ANIMAIS DA GRANXA, recorremos as diferentes dependencias para ver os animais da granxa.
Os pavos, os galos e galiñas, a vaca Saltarina, os coellos, as simpáticas
cabras,… No primeiro vídeo aparecen as cortes e no segundo as cabras. VIDEO1 VIDEO2
Pero que estilo...
Foi un día moi
cansado, a mellor das ideas foi votar unha sesta na viaxe de autobús de volta
para a casa