lunes, 15 de mayo de 2017

DÍA DA FAMILIA



O dia 15 de maio é o Día Internacional da Familia.
Foi por iso que estivemos a traballar nun agasallo que gustase a todos os membros da nosa familia. Hai familias grandes, outras pequenas, familias que viven separadas por diversos motivos pero todas van a ter algo en común: xogarán ao tres en liña feito con moito cariño polos nenos e nenas.
Pode parecer sinxelo pero levou moito traballo. Primeiro tivemos que saber como era ese xogo e que precisabamos.
Logo decoramos o taboleiro con pintura de dedos e gomets.


Escollemos as fichas precisas para poder xogar.

Para levalo para a casa fixemos unhas bolsas moi chulas onde cada un debuxou á súa familia (ou outra cousa que lle gustou máis 🙈🙈), picamos a zona da asa e decorámolas con corazóns estampados.



Xogade todo o que poidades porque ese momentos en familia sempre serán recordados.
FELIZ DÍA DA FAMILIA!!!!

sábado, 13 de mayo de 2017

CAPITULO 4º: EIRUGAS DA SEDA



Xa fai polo menos 15 días que non falamos nada das nosas eirugas.



Neste tempo case se lles nota medrar de día en día.

O certo é que, agora mesmo, o seu tamaño permítenos collelas na man e failles moita gracia.




Resulta sinxelo observar as partes do seu corpo: cabeza, boca, patas...

Cando comen as follas solo quedan os nervios máis grandes e hai que limpar a caixa moi a miúdo porque queda chea de cacas 💩💩💩💩💩💩💩💩.

Devoran tanto que case non lles chegan as follas que botamos. Cando poñemos follas novas parece que as ulen, porque levantan o corpo e van rápido a comer. Hai 3 ou 4 moreiras xunto a Casa da Cultura “Pintor Lloréns” en Sada, non son moi grandes pero chegase ben ás follas. Igual nos atopamos por alí cando vou apañar folliñas de moreira. Agora si que precisamos máis cantidade de follas (xa comeron todas as que trouxestes). Se vades de paseo a Betanzos disque no Pasatempo hai varias moreiras xigantes, tamén as podedes atopar no Parque de Santa Margarita en Coruña 🌿🌿🌿.

Os primeiros individuos que naceron xa están na última das fases de eiruga e seguramente pronto comezarán a facer o casulo de seda. Aquelas que consigan sobrevivir porque resulta dificil non "espachurar" algunha 🙈🙈🙈

Para que vos tamén poidades velas de preto fixen varios vídeos que podedes ollar nos seguintes enlaces pulsando sobre as letras de cor.
Neste primeiro enlace observase unha eiruga durante a fase de muda. Quedan quietas e coa cabeza levantada. Este tempo dura sobre 24 horas.
E no segundo enlace vese moi ben que rápidas son comendo. 
Seguiremos observando e xa veremos se na próxima entrega hai algún casulo de seda xa en proceso.

martes, 2 de mayo de 2017

PÓCIMA PARA APRENDER AS LETRAS



Hoxe por sorpresa chegou ao colexio Mala Uva. Viña cun encargo do Mago Alfa: preparar unha poción máxica para que fose máis sinxelo aprender as letras.


O que pasou e que coma sempre Mala Uva é un pouco desastre 🙊🙊, e cando viña voando polo camiño perdeu os ingredientes, e o certo é que ten pouca memoria.


Entre todos axudámoslle a buscar os ingredientes necesarios. Deixo un vídeo para que os vexades en plena acción.
 Beto é un paxaro moi previsor, así que deixounos na porta unha cesta cos ingredientes necesarios xa cortados e na proporción xusta.



Estaba incluso o pota das pócimas.
E despois de dicir o conxuro máxico probamos aquela mestura.


¡SABÍA BEN!

Pode ter efectos secundarios. Se notades que lles saen letras pola cabeza non vos preocupedes, non é grave😂. Igual tomaron un pouco de máis e non lles collen tantas letras xuntas.