LIBRO DO OUTONO
Este trimestre ademais de coñecernos, explorar os espazos do cole, aprender rutinas, novos hábitos e iniciarnos no traballo das relacións sociais comezamos a observar aspectos básicos do OUTONO.
Aprendimos a dramatizar a canción do outono cos seus xestos e o seu ritmo e para recordala quixemos plasmala nun pequeno libro. Para darlle forma tivemos que estampar as nosas mans en diferentes cores, pintamos con ceras, recortamos, pegamos, arrugamos papel de seda, estampamos gotas de auga, dobramos papeis de cores, pegamos gomets...
En definitiva, traballamos con diferentes técnicas plásticas que nos axudaron a esperar turno, a organizar materiais, seguir normas de uso, experimentar texturas, progresar na psicomotricidade grosa e fina e tamén no desenvolvemento da nosa autonomía persoal.
O resultado final foi o libro do outono que todos levamos para a casa e que esperamos que vos gustase!!! :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario